Xa queda pouquiño para que o sábado a partir das 9:40 da mañá arranque o autobús gratuito para poder visitar entre o sábado e o domingo 11 adegas de Valdeorras. Ademáis hai prezos especiais nos hoteis Paladium e Pazo do Castro e na Casa Rural Pacio do Sil. E en catro restaurantes da comarca un menú especial no que inclúen dúas copas de viño de Valdeorras: Piquiño, Mesón Museo, Pazo do Castro e Paladium.
Aqui vos quedan os horarios e carteis das actividades.
miércoles, 4 de junio de 2014
viernes, 16 de mayo de 2014
As xornadas de Portas Abertas do 7 e 8 de xuño presentámolas onte no Barco
A III edición das Xornadas de Portas Abertas das Rutas do
Viño de Galicia, que organiza a Axencia de Turismo de Galicia (antiga
Turgalicia), terá este ano á Denominación de Orixe Valdeorras dedicada a darse
a coñecer con varias actividades para os días 7 e 8 de xuño. 11 adegas, tres
aloxamentos e catro restaurantes pertencentes á ruta do viño valdeorresa uníronse
para non deixar pasar a ocasión de promoción dentro destas xornadas nas que a
base son as visitas gratuítas a adegas ás que se lles engadiu o transporte
tamén de balde. Ademais haberá festa de portas abertas o día 7 pola noite, con venta especial de viño á beira do río Sil,
en O Barco e un fin de festa con apertura de “covas”(adegas soterradas) en A
Rúa o día 8. Toda a programación foi presentada onte, día 15, en rolda de prensa en O Barco.
As actividades están organizadas entre Turismo de Galicia
e o colectivo Somos Valdeorras, portas abertas formado por membros da Ruta do Viño de
Valdeorras e a guía enoturística, Soledad Figueroa. A unión entre os adegueiros
e hostaleiros foi vital para poder por en marcha o plan completo. Desde o mes
de febreiro celebraron 4 reunións para
organizar as actividades e darlle forma na comarca a unha actividade que dende
fai 3 anos organiza Turismo de Galicia para as cinco denominacións de Galicia.
Este ano na comarca valdeorresa tamén financia o transporte gratuíto e o guía
enoturístico para poder visitar as 11 adegas. O proxecto conta tamén co apoio
do Concello do Barco e o de A Rúa que colaboran na montaxe das dúas festas. En
O Barco o departamento de Turismo aportará os stands para a Festa de Portas
Abertas ademais de ceder o paseo do Malecón para poder celebrar unha actividade
na que os visitantes poderán degustar copas de viño a 1 € e pinchos tamén ao
mesmo prezo. O Concello de A Rúa colaborará no Fin de festa de Covas na zona de
A Coroa (A Rúa Vella) aportando un grupo musical.
Visitas a adegas con autobús gratuíto
Unha das actividades, que se prolongará durante toda a
fin de semana, serán as visitas ás 11 adegas da Ruta cun autobús financiado por
Turismo de Galicia. Os adegueiros abrirán as súas portas e ofrecerán pinchos e
un viño por persoa sen cobrar nada aos visitantes. As visitas empezarán o sábado, 7, dende as 11
da mañá ata as 14:30, ampliando así a oferta inicial demandada dende a
organización das Portas Abertas. Os visitantes terán a oportunidade de coñecer
as adegas desprazándose pola súa conta a calquera das adegas participantes
dentro dos horarios marcados. A outra opción é subirse ao autobús que durante a
mañá visitará Godeval, O Cepado, O Casal, Roandi e Virxe de Galir. Despois
pararán para comer e aproveitar os menús especiais (25€/persoa) nos
restaurantes asociados: Mesón Museo, Pazo do Castro, Piquiño e Paladium. A
xornada da tarde será de 18 a 19:45 horas e o autobús da Ruta visitará Ruchel, Avelina e D´Berna. As visitas
continuarán o domingo dende as 11 e ata as 13:130 horas para coñecer en bus a
Pinguela, Alán de Val e A Coroa. Os horarios e paradas poden comprobalos no
blog: somosvaldeorras.blogspot.com.
Festa portas abertas e fin de festa en covas
O programa de actividades completase con aloxamentos a
prezos especiais nos hoteis Pazo do Castro ( O Barco) e Paladium (Vilamartín) e
na casa de turismo rural Pacio do Sil (Vilela-A Rúa) . Tampouco faltarán dúas
festas, unha de portas abertas que se celebrará o sábado, día 7, a partir das
20:30 horas no Paseo do Malecón de O Barco. Alí os visitantes poderán degustar
os viños das 11 adegas a un prezo especial de 1 €/copa mentres escoitan música, degustan pinchos
elaborados polos restaurantes da Ruta, tamén a 1 € cada un, e gozar das vistas
do río Sil. A outra festa será o domingo ao mediodía na zona ruesa de A Coroa.
Alí estarán abertas 4 covas (adegas soterradas) para visitar e catar novamente
os viños (1€/viño) acompañados por tapas de polbo que cada visitante poderá
comprar a un prezo especial. A música tradicional dun grupo de gaiteiros
amenizará a festa.
jueves, 8 de mayo de 2014
Unha nova vinruta para o 17 de maio
Esta cuarta edición das vinrutas vai servir para coñecer as adegas Avelina en Córgomo (Vilmartín) e Joaquín Rebolledo (A Rúa). As entradas están á venda na Oficina de Halcón Viaxes de A Rúa.
viernes, 2 de mayo de 2014
Valdeorras rendirá homenaxe ao pai do godello: Horacio Fernández Presa
Un grupo de persoas
da comarca de Valdeorras está organizando unha homenaxe á figura de Horacio Fernández Presa, antigo xefe da Área Valdeorras-Trives da Oficina Agraria Comarcal (antes coñecida
como Axencia de Extensión Agraria de O Barco), impulsor do plan REVIVAL (Reestruturación
de Viñedos de Valdeorras), cofundador da adega Godeval e un viticultor defensor da comarca
valdeorresa durante toda a súa vida. Horacio Fernández Presa faleceu o 17 de
maio de 2013 e ao cumprirse un ano da súa desaparición intentan manter vivo o espírito
de traballo do coñecido por moitos como “pai do godello” pola posta en marcha
do plan REVIVAL para recuperar variedades autóctonas na comarca, entre elas a
godello. Unha variedade que a finais dos setenta, cando se puxeron en marcha os
traballos de recuperación, estaba case desaparecida e que hoxe goza de
prestixio e recoñecemento en todo o mundo.
Este recordo á
súa vida e traballo celebrarano na Casa Grande de Viloira (O Barco) na Sala
Julián Trincado, o día 23 de maio ás 20:30 horas. A homenaxe contará ademais cun cóctel no que estarán
presentes viños de varias adegas inscritas na Denominación de Orixe Valdeorras.
Están á venda entradas, ao prezo de 10€/persoa, dispoñibles na Oficina
Agraria Comarcal (Casa Grande de Viloira), nas oficinas dos sindicatos agrarios
colaboradores (Unións Agrarias, Asaja e Sindicato Labrego Galego) na comarca e
na sede do Consello Regulador de
Valdeorras en Vilamartín. Tamén está aberto un número de conta para que
aqueles que se atopan fora da comarca poidan reservar as súas entradas ingresando o seu valor no número de conta:
ES3600310051981120000308 do Banco Etcheverría
(oficina de O Barco) e despois enviando o xustificante e os seus datos persoais ao correo electrónico: valdeorrasesvino@gmail.com. Ademais admítense doazóns nese número de conta para financiar o acto e outras
actividades próximas. Os doantes recibirán recoñecemento público o día da
homenaxe, salvo que indiquen o contrario.
Unha homenaxe e algo máis
O acto está sendo organizado por un grupo de persoas relacionadas co sector
vitícola e coa vida social, política e cultural da comarca. Entre eles están representantes do Consello Regulador, de adegas , dos sindicatos agrarios, dunha asociación cultural,
de agrupacións políticas e un guía enoturístico. Pretenden que este acto sexa o punto de
partida para crear unha asociación e a través dela organizar outras actividades
relacionadas coa viticultura, entre as que se atopan a idea de crear un premio de viticultura que levará o nome de
Horacio Fernández Presa. Estas actividades aínda están tomando forma e seguirán
informando delas nas próximas semanas.
VERSIÓN EN CASTELLANO
Un grupo de personas de la comarca de Valdeorras está
organizando un homenaje a la figura de Horacio Fernández Presa, antiguo jefe
del Área Valdeorras-Trives de la Oficina
Agraria Comarcal (antes conocida como la Agencia de Extensión Agraria de O
Barco), impulsor del plan REVIVAL (Reestructuración de Viñedos de Valdeorras),
cofundador de la bodega Godeval y un
viticultor defensor de la comarca valdeorresa durante toda su vida. Horacio
Fernández Presa falleció el 17 de mayo de 2013 y al cumplirse un año de su
desaparición intentan mantener vivo el espíritu de trabajo del conocido por
muchos como “padre del godello” por la puesta en marcha del plan REVIVAL para
recuperar variedades autóctonas en la comarca, entre ellas la godello. Una
variedad que a finales de los setenta, cuando se pusieron en marcha los
trabajos de recuperación, estaba casi desaparecida y que hoy goza de prestigio
y reconocimiento en todo el mundo.
Este recuerdo a su vida y trabajo lo celebrarán en la Casa
Grande de Viloira (O Barco) en la Sala Julián Trincado, el día 23 de mayo a las
20:30 horas. El homenaje contará además
con un cóctel en el que estarán presentes vinos de varias bodegas inscritas en
la Denominación de Origen Valdeorras. Están a la venta entradas, al precio de
10€/persona, disponibles en la Oficina Agraria Comarcal (Casa Grande de
Viloira), en las oficinas de los sindicatos agrarios colaboradores (Unións
Agrarias, Asaja y Sindicato Labrego Galego) en la comarca y en la sede del
Consejo Regulador de Valdeorras en Vilamartín. También está abierto un número
de cuenta para que aquellos que se encuentren fuera de la comarca puedan
reservar sus entradas ingresando el
valor de la misma en el número de cuenta: ES3600310051981120000308 del Banco
Etcheverría (oficina de O Barco) y
enviando después sus datos personales y
justificante de pago al correo electrónico: valdeorrasesvino@gmail.com .
Además se admiten donaciones en ese número para financiar el
acto y otras actividades venideras. Los donantes recibirán reconocimiento
público del día del homenaje, salvo que indiquen lo contrario.
Un homenaje y algo
más
El acto está siendo organizado
por un grupo de personas relacionadas con
el sector vitícola y con la vida social, política y cultural de la
comarca. Entre ellos hay representantes de bodegas, del Consejo Regulador, de
los sindicatos agrarios, de una asociación cultural, de agrupaciones políticas
y un guía enoturístico. Pretenden que
este acto sea el punto de partida para crear una asociación y a través de ella
organizar otras actividades relacionadas con la viticultura, entre las que se
encuentra la idea de crear un premio de
viticultura que llevará el nombre de Horacio Fernández Presa. Estas actividades
aún están tomando forma y seguirán informando de ellas en las próximas semanas.
BIOGRAFIA
HORACIO FERNÁNDEZ PRESA
Nacido en
Armunia (León) en 1932, Horacio Fernández Presa ingresó en 1966 en el Servicio
de Extensión Agraria de la Comarca de Valdeorras como jefe de área, comenzando
una apasionada relación con el viñedo. En la búsqueda de alternativas a la
situación de la viticultura de la zona creó en el año 1974, en colaboración con
el enólogo Luis Hidalgo, el Programa REVIVAL: Reestructuración de Viñedos de
Valdeorras, cuyo objetivo era la recuperación de la variedad autóctona Godello,
que entonces estaba en extinción ya que ocupaba apenas un 0,05% respecto al
resto de las variedades de la zona.
Horacio
Fernández Presa dejó su puesto en la Oficina Agraria Comarcal en el año
1997 por jubilación y continuó ligado al
mundo del vino a través de la bodega Godeval que el cofundó con un grupo de
amigos. Falleció el 17 de mayo de 2013 a la edad de 81 años.
Reconocimientos
a su trabajo
A lo largo de su vida recibió
numerosos premios y reconocimientos. Los más destacados son la Medalla al Mérito
Agrícola y la Medalla de Bronce de Castelao. Su Majestad el Rey D. Juan Carlos,
en reconocimiento a la labor realizada en Extensión Agraria, condecoró a
Horacio Fernández en 1978 con la Medalla al Mérito Agrícola. En 1999, la Xunta
de Galicia le otorgó la Medalla de Bronce de Castelao por los trabajos de
recuperación de la variedad Godello.
jueves, 24 de abril de 2014
martes, 8 de abril de 2014
Novo blog somosvaldeorras.blogspot.com
Dende hoxe temos en funcionamento un novo blog e tamén unha páxina de facebook para promocionar unha serie de actividades que imos facer na Ruta do Viño de Valdeorras o próximo 7 e 8 de xuño na comarca de Valdeorras.
A dirección do blog é: somosvaldeorras.blogspot.com a da páxina de Facebook: Somos Valdeorras, puertas abiertas
A dirección do blog é: somosvaldeorras.blogspot.com a da páxina de Facebook: Somos Valdeorras, puertas abiertas
sábado, 15 de marzo de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










