miércoles, 23 de noviembre de 2016

A Rúa busca promocionar sus vinos y otros productos en Portugal e Italia

El Ayuntamiento de A Rúa participó durante 3 días, 8 al 10 de noviembre, en el XVII Salón del Vino y la Aceituna de Extremadura (Almendralejo) promocionando los vinos de 11 bodegas asentadas en su territorio. El balance fue muy positivo y el teniente de alcalde, Luis Fernández Gudiña, explica que están “muy satisfechos, ya que ha sido muy interesante para dar a conocer nuestros vinos y ayudar a abrir nuevos campos de negocio”. A Rúa y Almendralejo, como localidades hermanadas desde hace más de 12 años, participan en los actos que organizan cada año en cada localidad y en esta ocasión ha tocado la feria de vinos extremeña. “Como administración local queremos servir de lanzadera para que después los productores puedan vender sus productos” cuenta el teniente de alcalde de A Rúa. Además añade que de lo visto el año anterior y el actual “cada vez se habla más de los godellos y nuestros vinos les gustan y el trato es siempre exquisito”.

Además de promocionar los vinos de 11 bodegas ruesas en Almendralejo el teniente de alcalde socialista, Luis Fernández Gudiña, acompañado por el concejal, Carlos Aristegui, se han dedicado a buscar nuevas vías de promoción con otras localidades internacionales. Así cuentan que “se han entablado negociaciones con las localidades portuguesas de Beja y Setúbal, presentes en esta feria, para poder participar el año que viene en sus eventos dedicados al vino y a la gastronomía” relata Fernández Gudiña. Ese intento de aunar esfuerzos y servir de apoyo a las empresas de  A Rúa y comarca no se ha quedado en el país vecino y han llegado a la localidad italiana de Ceprano. Esta ciudad de casi 9.000 habitantes, al sur de Roma (región de Lacio), está en proceso de hermanarse con la localidad extremeña de Almendralejo, y una delegación ha visitado estos días la ciudad. En la feria los representantes de las dos zonas, italiana y gallega, han entablado muy buenas relaciones y se ha empezado a comentar la posibilidad de poder asistir a eventos en Italia para dar a conocer los productos valdeorreses, sobre todo el vino.
Las bodegas, que se han unido a esta promoción en Almendralejo han tenido la oportunidad de ofrecer sus vinos a catadores, distribuidores nacionales e importadores internacionales. Ahora el ayuntamiento celebrará en unos días una reunión para informarlos de los resultados y entregarles los contactos obtenidos.

Las bodegas ruesas participantes este año fueron: Alán de Val, A Coroa, Joaquín Rebolledo, Adega Melillas, Cooperativa da Rúa “Virxe das Viñas”, Adega da Pinguela, Viña Valdeiga, Viña Fornos, Sampayolo, Bodega Quinta da Peza y Adega José González González. Además también estuvo presente la guía enoturística Valdeorras é viño, Soledad Figueroa,  para promocionar las bodegas y las visitas a estas bodegas ruesas.

De izquierda a derecha: Alcalde de Almendralejo, José García; Teniente alcalde A Rúa, Luís Fernández Gudiña; alcalde de Ceprano, Marco Galli; y vicepresidente Cámara de Beja, Vitor Picado

Representación de Ceprano en el stand de A Rúa

Folletos de las bodegas presentes en Iberovinac

domingo, 6 de noviembre de 2016

11 bodegas de A Rúa participarán en la XVII Feria Iberovinac 2016 en Almendralejo

El Ayuntamiento de A Rúa lleva a la localidad extremeña de Almendralejo una representación de vinos de 11 bodegas de su localidad. Esta promoción se realizará a partir de mañana, del 8 al 10 de noviembre, en el  XVII Salón de Vino y la Aceituna de Extremadura dentro del marco de colaboraciones establecidas entre A Rúa y Almendralejo como localidades hermanadas desde hace más de 12 años.

Las bodegas, que se han unido a esta promoción, enviarán, la mayoría de ellos, dos de sus marcas a este Salón de Vinos para que los importadores y expertos nacionales e internacionales puedan catarlos y conocerlos. El ayuntamiento rués ha querido  aprovechar esta oportunidad y ofrecérsela a sus bodegueros a partir de la experiencia obtenida en años anteriores, cuando varios importadores solicitaron información de los godellos y mencías valdeorreses en el stand promocional que tenía el organismo municipal en el salón extremeño. Este año la feria comenzará el día 8 de noviembre con una jornada dedicada a expertos internacionales y a continuación el día 9 a los distribuidores nacionales. En esta ocasión está confirmada la asistencia importadores asiáticos.


Las bodegas ruesas participantes este año son: Alán de Val, A Coroa, Joaquín Rebolledo, Adega Melillas, Cooperativa da Rúa “Virxe das Viñas”, Adega da Pinguela, Viña Valdeiga, Viña Fornos, Sampayolo, Bodega Quinta da Peza y Adega José González González. Además también estará presente la guía enoturística Valdeorras é viño, Soledad Figueroa,  para promocionar las bodegas y las visitas a estas bodegas ruesas.





domingo, 28 de agosto de 2016

Os comerciantes e hostaleiros do Barco poderán participar no I Encontro Food Truck Rilla no Barco

O martes, día 30 de agosto, están convocados os comerciantes e hostaleiros do Barco para informalos sobre o funcionamento do I Encontro Food Truck Rilla no Barco. Este evento celebrarase dentro da programación das Festas do Cristo 2016 que se celebrarán do 8 ao 14 de setembro. Os food trucks instalaranse na beira do río Sil xusto na parte de abaixo do Campo da Festa. Nesa zona haberá posibilidades variadas de comida de rúa e tamén actuacións musicais e un mercadiño de produtos diversos. O martes ás 17 horas os hostaleiros recibirán información sobre a súa posible participación neste evento e despois ás 20:30 horas será o momento de contarllo ao sector comercio. Será no 3º piso do Edificio Multiusos do Concello do Barco. O Centro Comercial Aberto e Aeva colaboran co Concello do Barco para convocar ao sector. A esta reunión tamén poden acudir todos aqueles empresarios destes sectores aínda que non estean asociados.

Food truck reservadas para hostaleiros do Barco
A concellería de Cultura do Barco solicitou dende un principio á empresa organizadora deste evento, Elemental Chefs, que, como mínimo, dúas furgonetas estiveran reservadas para que hostaleiros da vila puideran participar no evento.
Na reunión das 17 horas do día 30 de agosto informaráselle do sistema de participación.

Mercadiño vintage
 Dentro do evento “Rilla no Barco” hai unha zona dedicada a venta de produtos de artesanía, roupa e outros produtos. Os comerciantes da vila barquense recibirán información sobre o xeito de apuntarse e participar.


Festas do Cristo 2016 no Barco con programa variado

Durante 7 días celebraranse as Festas do Cristo 2016 na vila do Barco de Valdeorras. Será do 8 ao 14 de setembro e a programación conta con actividades e concertos do máis variado. Dende Solfiro, Comunicación e Eventos estaremos traballando para promocionar estas festas. 

Aquí podedes ver o programa en carteis promocionais de cada tema...







sábado, 18 de junio de 2016

O Concello de Vilamartin puxo en marcha a súa páxina web

O concello de Vilamartín xa ten en marcha a súa web: www.vilamartindevaldeorras.es

Dende esta páxina ademais de contar aos veciños o funcionamento do concello nos diferentes apartados, tamén  irán subindo información do traballo do día a día que se está a facer neste concello. A información actualizada poderá verse no menú de inicio da propia web.

Para mellorar a comunicación cos veciños puxeron en marcha tamén un correo electrónico: preguntalleaolalcade@vilamartindevaldeorras.es para que todos aqueles que o desexen lle poidan enviar cuestións ao rexedor, Enrique Álvarez Barreiro e ao seu grupo de goberno.



viernes, 17 de junio de 2016

A noite de San Xoán con festa en Viloira

As Concellerías de Cultura e a de Deportes do Concello do Barco programaron actividades para a noite de San Xoán no Barco.  O lugar elixido para celebrar esta noite máxica será a praza de Viloira a partir das 20 horas do día 23. A programación comezará co apartado deportivo para continuar despois co cultural-musical. O lume estará acompañando sendas actividades como parte esencial  da noite.

Segunda carreira-andaina popular do San Xoán
 A actividade deste día comezará coa segunda edición da carreira e andaina popular a partir das oito da tarde. Haberá dous circuítos sinalizados con saída e chegada na Praza de Viloira, un  para os máis pequenos máis curto e outro de 4,5 quilómetros para os maiores. Todos os corredores ao finalizar os percorridos festexarano  cunha pancetada que se asará no lume da fogueira de San Xoán.

Teatro, humor, música e baile para continuar a noite
Unha vez rematada a actividade deportiva ao redor das 10 da noite comezará a festa.  O actor Pepe Penabade da compañía Volta e Dalle Teatro será o encargado de abrir a noite cunha actuación na que o humor e a cultura tradicional van da man no seu espectáculo “Afiador e paragüeiro”. A continuación desta primeira actividade entrará o apartado musical co grupo Os Primordiais, un dúo diferente onde os distintos estilos farán bailar a todo tipo de público. Ademais contarán coa colaboración  dunha parella experta de danza, Miguel Sotelo e Andrea Cabanelas,  quen serán os encargados de guiar os diferentes bailes da noite.
A medianoite será de novo o momento de Pepe Penabade para  a queimada. O actor encargarase de sacar o meigallo da noite facendo partícipes a todos os asistentes dun conxuro de queimada tradicional pero con toques de humor. Unha vez rematado o conxuro a música de Os Primordiais e o baile pechará esta noite máxica.

Unha noite especial

Toda unha programación pensada para gozar dunha noite máxica porque tal e como figura no cartel desta actividade “a noite do 23 asistimos ao trunfo da luz sobre a escuridade. Abrimos as portas da casa para deixar entrar a todas as dimensións máxicas, recibilas con flores do campo, lume e auga . Purificámonos, saltamos o lume, deixamos queimar as malas experiencias para convertelas en cinzas. So neso.Que voen e que o pasado fertilice a terra. O máis importante é o que virá; o canto á esperanza, á ledicia, aos soños coas cariñas lavadas de augas de rosiñas para vivir o día máis longo do ano.


¡¡¡Boa noite de San Xoán¡¡



O actor Pepe Penabade e a súa actuación como afiador

martes, 10 de mayo de 2016

Autobuses gratuitos dende Ponferrada e Lugo para as V Portas Abertas en Valdeorras

Este ano a V Edición das Xornadas de Portas Abertas en Valdeorras amplía os autobuses gratuítos ás cidades de Ponferrada e Lugo. Os interesados en coñecer adegas desas dúas localidades e ter transporte de balde solo teñen que reservar a súa praza en : valdeorrasesvino@gmail.com ou chamando ao 619086326.






miércoles, 27 de abril de 2016

Reservade praza para os autobuses gratuítos das V Portas Abertas de Valdeorras



Xa están en marcha as reservas para a V edición das Xornadas de Portas Abertas en Valdeorras que se celebrarán os días 28 e 29 de maio. O día 28 poderán utilizar os autobuses gratuítos para recorrer as 8 adegas que abrirán as súas portas. Con cada ruta de autobús haberá a oportunidade de visitar 2 adegas nas que poderán degustar unha copa de viño e un pincho en cada unha delas. Ademáis unha persoa pode facer unha ruta pola mañá e outra pola tarde.

O domingo está dedicado o transporte gratuíto aos visitantes que proveñan de Ponferrada e da cidade de Lugo. Terán de balde o viaxe, a visita a dúas adegas e despois a volta. A comida poden facela nun dos tres restaurantes da Ruta cun prezo especial.

As reservas poden facerse enviando un email a: valdeorrasesvino@gmail.com

No folleto oficial das V Xornadas podedes ver as rutas e elexir a que máis vos convenza:




Máis información no blog: somosvaldeorras.blogspot.com

jueves, 14 de enero de 2016

Programa da XVI Festa do Botelo no Barco cheo de novidades para promocionar o produto e a vila

A Concellería de Cultura e Educación do Concello do Barco presentou o programa de actividades da  XVI FESTA DO BOTELO que se celebrará o día 23 de xaneiro na vila do Barco. Este produto consistente no recheo do estómago do porco con costelas adubadas e posteriormente afumado, que se consume cocido, conta con protección como Indicación Xeográfica Protexida dende o 2009. No 2014 a Festa do Botelo do Barco foi declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia.

Esta nova edición vén cargada de novidades nas que o obxectivo é dar a coñecer o botelo e ampliar a festa gastronómica máis alá da mera degustación do produto. A nova edición contará cunha serie de actividades previas ao día da festa: un encontro gastronómico de blogueiros e xornalistas, un taller de elaboración de pinchos e pratos de botelo e harmonización con viños dirixido a hostaleiros da vila, así como a apertura dunha páxina web (www.festadobotelo.es)  e redes sociais. Ademais a festa ten os deseños no cartel e camisetas, outra das novidades desta edición, do debuxante Luis Davila “O bichero”.

O día propio da festa, o 23 de xaneiro, haberá tamén novidades como a posta en marcha dunha feira de produtos gastronómicos no Paseo do Malecón  e o acto de lectura do pregón que se realizará este ano no Teatro Lauro Olmo do Barco. Ademais o programa da TVG “Aquí Galicia” emitirá en directo o seu programa magazine o sábado 23 pola tarde.

A concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, explicou que este ano a festa ten tres obxectivos “un lúdico, outro difundir o produto, o Barco e a comarca e un terceiro que será formativo dirixido aos hostaleiros para que aprendan a realizar pinchos relacionados co botelo”.


A primeira actividade: visita de blogueiros e xornalistas

Os xornalistas e blogueiros invitados a esta actividade o día 16 de xaneiro terán a oportunidade de coñecer como se elabora o botelo e despois degustarano. Ademais coñecerán adegas da DO Valdeorras asentadas na vila barquense “un xeito de impulsar e divulgar o Botelo e os viños en toda Galicia e fora do territorio galego coas redes sociais” explicou a concelleira. As adegas que colaboran coa Festa da Botelo (Godeval, Eladio Santalla Paradelo, Roandi e Cooperativa Xesús Nazareno) ofrecerán os seus viños gratuitamente para a degustación do botelo por parte dos xornalistas e blogueiros.
Blogueiros e xornalistas participantes
- Chus Nenalinda: Blogueira do Barco  co blog “Siguiendoanenalinda”.
- José Manuel García: Programa da Radio Galega Come e Fala. Santiago
- José Luis Oliveira: Blog “Los pequeños viajes y algo más”. Ourense
- Alberto Traversa: Revista gastronómica e turística “La Alacena Roja”.Vigo
- Frenchy Oubiña : Blog e web “Galicia Mola”. A Coruña
- Paloma Fernández: Blog “La epicureísta”. Cangas

Venda de entradas a partir do día 18 

O luns día 18 pola tarde será o momento de poñer á venda as 950 entradas no Teatro Lauro Olmo, na zona do Conservatorio. O prezo será de 15 €/persoa.  As entradas este ano levarán como novidade que servirán para obter un desconto de 2 € nas camisetas que se porán á venda o día da festa e ademais entre os asistentes sortearanse 20 cestas con produtos gastronómicos da comarca.
Taller de pinchos e harmonías con viños da DO Valdeorras
A cociñeira e blogueira Rocío Garrido (la cocina de mi abuelo) acompañada polo sumiller Jorge Cardoso serán os encargados deste taller que se realizará o luns 18 dirixido aos hostaleiros da vila. O obxectivo é aprender a elaborar diferentes pratos co botelo como base e completar a formación co  notas de maridaxe cos viños das adegas colaboradoras.

Pregón no Teatro Lauro Olmo 

O día 23 a actividade empezará pola mañá coa feira de produtos gastronómicos que se instalará na zona do Paseo do Malecón preto do Campo da Festa. Despois a lectura do pregón e entrega da mención de honra farase no Teatro Lauro Olmo do Barco, cambiando así a localización doutros anos no Instituto Martaguisela. O acto contará coas actuacións do cantautor, Anxo Rei e o Orfeón Valdeorrés. A continuación degustarase o botelo para uns 1000 comensais no pavillón polideportivo de Calabagueiros.

Todas as actividades atópanse especificadas na web www.festabotelo.es