Mostrando entradas con la etiqueta enoturismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta enoturismo. Mostrar todas las entradas

miércoles, 23 de mayo de 2018

Unha nova edición das Xornadas de Portas Abertas en Valdeorras

Estamos a pouco máis dunha semana de vivir unha nova edición das Xornadas de Portas Abertas de Valdeorras. Nesta sétima edición participan sete adegas, un hotel con restaurante, un bar e unha casa de turismo rural asociadas á Ruta do Viño de Valdeorras. Dende o venres día 1 ata o domingo día 3 haberá unha actividade de pincha e cata, rutas en bus do viño para coñecer as adegas, unha festa de Portas Abertas no Barco e unha andaina pola Serra da Lastra.
Todas as actividades están no programa que vos incluimos a continuación e tamén o xeito de apuntarvos a través do correo: rutadelvinodevaldeorras@gmail.com e tamén chamando ao teléfono 619086326.




domingo, 7 de enero de 2018

Presentado o cartel da XVIII Festa do Botelo do Barco que se celebrará o 20 e 21 de xaneiro

O alcalde do Barco, Alfredo García e a Concelleira de Cultura e Educación, Margarida Pizcueta foron os encargados de presentar o cartel da XVIII edición da Festa do Botelo 2018. Un cartel que baixo o lema “O pai de todos os botelos” fai alusión ao mundo do cine e a última entrega da saga de Star Wars que como indicou a concelleira Pizcueta “está agora de actualidade en todo o mundo e queremos que o botelo acade tamén esa internacionalidade”. Ademais de presentar o cartel desta nova edición tamén adiantaron algúns puntos do programa  “que se está rematando de perfilar” explicou a concelleira.
A Festa do Botelo do Barco celebrarase o fin de semana do 20 e 21 de xaneiro e tal e como explicou o alcalde, Alfredo García: “ampliamos a toda a fin de semana a actividade porque queremos que a xente nos visite e deguste o botelo nos restaurantes da vila, non só o día da comida institucional do día 20 no pavillón de Calabagueiros”.
Novidades na compra de entradas
 Na presentación do cartel xa foron adiantando algunhas das novidades deste ano no referente á compra de entradas para a asistir á comida no pavillón de Calabagueiros o día 20 de xaneiro. Como primeira novidade explicaron que se cambia a venda de entradas á fin de semana anterior á festa e non se fará nun luns como viña sendo habitual ultimamente. A venda farase o sábado, día 13 de xaneiro, en horario de tarde aínda sen especificar. “Así poderán comprar entradas a xente que pola semana traballa” explicou a concelleira Margarida Pizcueta, quen tamén indicou que se cambia o lugar de venda das entradas do Teatro Lauro Olmo ao terceiro andar da Casa do Concello do Barco. E por último tamén se anunciou que as 1150 entradas que se porán á venda subirán de prezo e custarán 18 euros cada unha e que cada comprador só poderá adquirir como máximo 10 entradas.
A concelleira, Margarida Pizcueta, indicou que o resto do programa farase público o próximo día 9 de xaneiro.

VENDA DE ENTRADAS
Día: 13 de xaneiro
Lugar: Terceiro Andar da Casa do Concello do Barco
Hora: pola tarde aínda sen concretar
Número de entradas á venda: 1150
Prezo: 18 euros
Número máximo de entradas por persoa: 10 entradas


Todas as actividades iranse anunciando na web www.festabotelo.es


miércoles, 15 de enero de 2014

Temos nova vinruta no Barco

                                          
Escumosos e viños para degustar na segunda vinruta deste sábado no Barco

Este sábado celebrase no Barco a segunda vinruta coa participación de dúas adegas da localidade de Éntoma: Roandi e Virxe de Galir. A actividade comezará a partir das sete e media da tarde na adega Roandi pioneira na elaboración de viños escumosos na Denominación de Orixe Valdeorras. Os visitantes coñecerán a historia desta adega de recente creación que conta no seu haber co primeiro escumoso de godello amparado pola DO Valdeorras e tamén o primeiro escumoso rosado de Galicia. Os dous serán catados na segunda fase da visita. A continuación a vinruta continuará na adega Virxe de Galir con viños de renome como o primeiro crianza de Valdeorras. Nesta adega terán a oportunidade de coñecer os seus viños e elaboración e a continuación catarán un mencía e un godello.
A vinruta está organizada a través do proxecto Valdeorras é viño e coa colaboración das dúas adegas a visitar. Terá un custe de 14 € por persona e as entradas están á venda en dous puntos na vila barquense: librería Murciego e tenda de música Ton y Son. Tamén se poden reservar a través do correo electrónico: valdeorrasesvino@gmail.com e no Facebook Valdeorras Es Vino.
A primeira vinruta celebrouse o pasado 28 de decembro na localidade da Rúa coa participación de tres adegas: Alán de Val, José Aristegui e Melillas. Os 15 participantes desa actividade degustaron os viños de cada adega e coñeceron a súa historia.