O sábado 18 de xaneiro celebramos a segunda vinruta por terras de Valdeorras. Nesta ocasión por dúas adegas de O Barco, concretamente na localidade de Éntoma: Roandi e Virxe de Galir. A primeira parada dos vinruteiros foi na adega Roandi para catar dous escumosos: Brinde e Brinde de Rosas. O Brinde é o primeiro escumoso de godello amparado pola DO Valdeorras e o Brinde de Rosas é o primeiro escumoso rosado de Galicia, recén saído ao mercado neste Nadal.
A segunda parte da vinruta foi na adega Virxe de Galir para coñecer os viños que esta adega elabora coa variedade godello e mencía. Ademáis como sorpresa puidemos catar o único mencía crianza de Galicia, o Pagos de Galir selección Rosa Rivero. A sorpresa aumentou ao poder catar tamén o G de Galir, un godello sobre lías sorprendente.
Os dous guías da visita, Gerardo Rodríguez en Roandi e José Barros en Virxe de Galir explicaron a historia das súas adegas e contestaron a todas as preguntas que lle fixeron. Moi agradecida pola súa paciencia e bo humor tanto aos vinruteiros como aos adegueiros. Agardo que repitan.
Aquí van algunhas fotos da vinruta:
lunes, 20 de enero de 2014
miércoles, 15 de enero de 2014
Temos nova vinruta no Barco
Escumosos e viños para degustar na
segunda vinruta deste sábado no Barco
Este sábado celebrase no Barco a segunda vinruta coa
participación de dúas adegas da localidade de Éntoma: Roandi e Virxe de Galir.
A actividade comezará a partir das sete e media da tarde na adega Roandi
pioneira na elaboración de viños escumosos na Denominación de Orixe Valdeorras.
Os visitantes coñecerán a historia desta adega de recente creación que conta no
seu haber co primeiro escumoso de godello amparado pola DO Valdeorras e tamén o
primeiro escumoso rosado de Galicia. Os dous serán catados na segunda fase da
visita. A continuación a vinruta continuará na adega Virxe de Galir con viños
de renome como o primeiro crianza de Valdeorras. Nesta adega terán a
oportunidade de coñecer os seus viños e elaboración e a continuación catarán un
mencía e un godello.
A vinruta está organizada a través do proxecto Valdeorras é viño e coa colaboración das
dúas adegas a visitar. Terá un custe de 14 € por persona e as entradas están á
venda en dous puntos na vila barquense: librería Murciego e tenda de música Ton
y Son. Tamén se poden reservar a través do correo electrónico: valdeorrasesvino@gmail.com e no
Facebook Valdeorras Es Vino.
A primeira vinruta celebrouse o pasado 28 de decembro na
localidade da Rúa coa participación de tres adegas: Alán de Val, José Aristegui
e Melillas. Os 15 participantes desa actividade degustaron os viños de cada
adega e coñeceron a súa historia.
martes, 31 de diciembre de 2013
Feliz 2014
Faltan poucas horas para despedir o 2013 e recibir un novo ano. Esperemos mellorar e poder acadar as metas marcadas....Feliz Ano
sábado, 21 de diciembre de 2013
jueves, 19 de diciembre de 2013
A Adega José Aristegui únese á vinruta do 28 na Rúa
A Vinruta de adegas do día 28 conta cunha incorporación de última hora. A adega de José Aristegui (ubicada na Rúa Vella) únese á ruta para que os visitantes coñezan a súa historia e viños. Os visitantes por 12 €/ persoa poderán coñecer tres adegas e catar dous dos seus viños en cada unha delas.
miércoles, 18 de diciembre de 2013
Empeza o proxecto Valdeorras é viño coa primeira vinruta en dúas adegas da Rúa
| Esta é a primeira actividade dun proxecto máis amplo para dinamizar e dar a coñecer os viños da Denominación de Orixe Valdeorras. Baixo o nome "Valdeorras é viño" e cun logo que lembra unha copa, vou poñer en marcha unha serie de visitas, promocións e catas para que toda aquela persoa interesada no viño poida achegarse a el no entorno de Valdeorras e coñecelo o máis posible. E quen son eu?, pois Soledad Figueroa, unha xornalista aficionada ao mundo do viño, con experiencia no sector, e coñecedora da comarca de Valdeorras. O obxectivo convertir unha afición nun medio de vida. A primeira "Vinruta" será o día 28 de decembro na zona da Rúa Vella e contando coa colaboración de dúas adegas Alán de Val e Adega Melillas , adegueiros aos que agradezo a súa colaboración. Pouco a pouco irei contando mais actividades...de momento a primeira vinruta xa está en marcha. Tendes máis información no facebook:https://www.facebook.com/valdeorras.esvino, e tamén dentro de pouco haberá unha web en funcionamento completo: www.valdeorrasesvino.com Aqui vai a nota de prensa difundida hoxe aos medios:
A primeira vinruta de adegas
de Valdeorras celebrarase o sábado 28 de decembro
Dúas adegas, Alán de Val e
Adega Melillas, abrirán as súas portas para ofrecer unha visita e degustación o sábado 28 de decembro a partir das doce do
mediodía. As entradas xa están á venda en varios puntos das vilas do Barco e A
Rúa, ademais de nas propias adegas Alán de Val e Melillas. Os asistentes
pagarán 12 € por persoa por unha ruta que comezará as doce do mediodía
dende o Campo de San Roque (A Rúa vella) cun microbús que levará aos
participantes ata as adegas e posteriormente volverá ao punto de partida, onde
se celebra a XII edición da Festa da Empanada de Costrelas. Durante as dúas
horas de visita coñecerán as adegas e a súa historia e catarán dous
viños (un godello e un mencía) en cada unha delas.
A organización da ruta faise
entre as adegas participantes e a empresa Solfiro
comunicación e eventos que baixo o proxecto “Valdeorras é viño” quere
dar a dar a coñecer as adegas e os viños
da comarca . Ademais das entradas para esta visita, ofrecen a posibilidade de
reservar as entradas da XII Festa de Empanada de Costrelas previa reserva, xa que os dous actos son
independentes. A idea do proxecto Valdeorras é viño é continuar organizando novas rutas para poder
promocionar as adegas e os viños.
Os puntos de venta son:
·
O
Barco: Ton y Son tenda de música, Librería Murciego e Xestoría ABC.
·
A
Rúa: Adegas Alán e Melillas, Tapería O Bodegón, Floristería Melillas e o Café.
|
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















