Mostrando entradas con la etiqueta vinrutas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta vinrutas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 15 de enero de 2014

Temos nova vinruta no Barco

                                          
Escumosos e viños para degustar na segunda vinruta deste sábado no Barco

Este sábado celebrase no Barco a segunda vinruta coa participación de dúas adegas da localidade de Éntoma: Roandi e Virxe de Galir. A actividade comezará a partir das sete e media da tarde na adega Roandi pioneira na elaboración de viños escumosos na Denominación de Orixe Valdeorras. Os visitantes coñecerán a historia desta adega de recente creación que conta no seu haber co primeiro escumoso de godello amparado pola DO Valdeorras e tamén o primeiro escumoso rosado de Galicia. Os dous serán catados na segunda fase da visita. A continuación a vinruta continuará na adega Virxe de Galir con viños de renome como o primeiro crianza de Valdeorras. Nesta adega terán a oportunidade de coñecer os seus viños e elaboración e a continuación catarán un mencía e un godello.
A vinruta está organizada a través do proxecto Valdeorras é viño e coa colaboración das dúas adegas a visitar. Terá un custe de 14 € por persona e as entradas están á venda en dous puntos na vila barquense: librería Murciego e tenda de música Ton y Son. Tamén se poden reservar a través do correo electrónico: valdeorrasesvino@gmail.com e no Facebook Valdeorras Es Vino.
A primeira vinruta celebrouse o pasado 28 de decembro na localidade da Rúa coa participación de tres adegas: Alán de Val, José Aristegui e Melillas. Os 15 participantes desa actividade degustaron os viños de cada adega e coñeceron a súa historia.


miércoles, 18 de diciembre de 2013

Empeza o proxecto Valdeorras é viño coa primeira vinruta en dúas adegas da Rúa



Esta é a primeira actividade dun proxecto máis amplo para dinamizar e dar a coñecer os viños da Denominación de Orixe Valdeorras. Baixo o nome "Valdeorras é viño" e cun logo que lembra unha copa, vou poñer en marcha unha serie de visitas, promocións e catas para que toda aquela persoa interesada no viño poida achegarse a el no entorno de Valdeorras e coñecelo o máis posible. E quen son eu?, pois Soledad Figueroa, unha xornalista aficionada ao mundo do viño, con experiencia no sector, e coñecedora da comarca de Valdeorras. O obxectivo convertir unha afición nun medio de vida.
A primeira "Vinruta" será o día 28 de decembro na zona da Rúa Vella e contando coa colaboración de dúas adegas Alán de Val e Adega Melillas , adegueiros aos que agradezo a súa colaboración.
 Pouco a pouco irei contando mais actividades...de momento a primeira vinruta xa está en marcha. Tendes máis información no facebook:
https://www.facebook.com/valdeorras.esvino, e tamén dentro de pouco haberá unha web en funcionamento completo: www.valdeorrasesvino.com


Aqui vai a nota de prensa difundida hoxe aos medios:
A primeira vinruta de adegas de Valdeorras celebrarase o sábado 28 de decembro
Dúas adegas, Alán de Val e Adega Melillas, abrirán as súas portas para ofrecer unha visita e degustación  o sábado 28 de decembro a partir das doce do mediodía. As entradas xa están á venda en varios puntos das vilas do Barco e A Rúa, ademais de nas propias adegas Alán de Val e Melillas. Os asistentes pagarán 12 € por persoa por unha ruta que comezará as doce do mediodía dende o Campo de San Roque (A Rúa vella) cun microbús que levará aos participantes ata as adegas e posteriormente volverá ao punto de partida, onde se celebra a XII edición da Festa da Empanada de Costrelas. Durante as dúas horas de visita coñecerán as adegas e a súa historia e catarán dous viños (un godello e un mencía) en cada unha delas.
A organización da ruta faise entre as adegas participantes e a empresa Solfiro comunicación e eventos que baixo o proxecto “Valdeorras é viño quere dar a dar a coñecer  as adegas e os viños da comarca . Ademais das entradas para esta visita, ofrecen a posibilidade de reservar as entradas da XII Festa de Empanada de Costrelas  previa reserva, xa que os dous actos son independentes.  A idea do proxecto Valdeorras é viño  é continuar organizando novas rutas para poder promocionar as adegas e os viños.
Os puntos de venta son:
·         O Barco: Ton y Son tenda de música, Librería Murciego e Xestoría ABC.
·         A Rúa: Adegas Alán e Melillas, Tapería O Bodegón, Floristería Melillas e o Café.