




O club Peña Trevinca Barco e o Concello de O Barco de Valdeorras organizan o VI Trofeo de Orientación "Camiño do Inverno, Terras de Valdeorras" este sábado,18 de maio. Haberá dúas carreiras, unha pola mañá puntuable para a liga galega, de distancia media. A saída será a partir das 10:30 horas na localidade barquense de Xagoaza. O prazo para apuntarse pechouse este martes con 253 participantes inscritos. Todos eles estarán na proba da mañá facendo o percorrido marcado polos montes de Xagoaza.
Despois , ao redor das 17 horas, farase unha carreira do tipo sprint (lúdica, non puntuable para a liga), con saída dende a Praza Andrés de Prada de O Barco (Carreira Sprint Festas de Santa Rita 2013), utilizando o mapa da zona de “O Salgueiral” realizado en marzo de 2012 por Javier Arufe e Natalia Pedre, e actualizado en abril de 2013. Os inscritos na proba da mañá participarán nesta carreira da tarde xa que era un dos requisitos, apuntarse na de distancia media para participar na carreira sprint da tarde.
Este Trofeo de Orientación conta con varios patrocinadores aos que dende a organización se lle agradece a súa colaboración: Gadis, Coca Cola, Talleres Meleiro, Bodegas Godeval y Pazo do Castro.
Para obter máis información sobre esta proba:
http://ori-trevinca.blogspot.com.es/
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
El VI trofeo de Orientación “Camiño de Inverno, Terras de Valdeorras” contará con más de 250 participantes
El club Peña Trevinca Barco y el Concello de O Barco de Valdeorras organizan el VI Trofeo de Orientación "Camiño do Inverno, Terras de Valdeorras" este sábado,18 de mayo. Habrá dos carreras, una por la mañana puntuable para la liga gallega de orientación, de distancia media. La salida será a partir de las 10:30 horas en la localidad barquense de Xagoaza. El plazo para apuntarse se cerró este martes con 253 participantes inscritos. Todos ellos estarán en la prueba de la mañana realizando el recorrido marcado por los montes de Xagoaza.
Después, alredor de las 17 horas, se celebrará una carrera do tipo sprint (lúdica, no puntuable para la liga), con salida desde la Plaza Andrés de Prada de O Barco (Carrera Sprint Fiestas de Santa Rita 2013), utilizando el mapa de la zona de “O Salgueiral” realizado en marzo de 2012 por Javier Arufe e Natalia Pedre, y actualizado en abril de 2013. Los inscritos en la prueba de la mañana participarán en esta carrera de la tarde ya que era uno de los requisitos apuntarse en la de distancia media para participar en la carrera sprint de la tarde.
Este Trofeo de Orientación cuenta con varios patrocinadores a los que desde la organización le agradecen su colaboración: Gadis, Coca Cola, Talleres Meleiro, Bodegas Godeval y Pazo do Castro.
Para obtener más información sobre esta prueba:
O club Peña Trevinca Barco e o Concello de O Barco de Valdeorras organizan o VI Trofeo de Orientación "Camiño do Inverno, Terras de Valdeorras" o próximo 18 de maio. Haberá dúas carreiras, unha pola mañá puntuable para a liga galega, de distancia media. A saída será a partir das 10:30 horas na localidade barquense de Xagoaza. Despois , ao redor das 17 horas farase unha carreira do tipo sprint (lúdica, non puntuable para a liga), con saída dende a Praza Andrés de Prada de O Barco (Carreira Sprint Festas de Santa Rita 2013), utilizando o mapa da zona de “O Salgueiral” realizado en marzo de 2012 por Javier Arufe e Natalia Pedre, e actualizado en abril de 2013.
Para a carreira sprint xeraron outro evento e hai que apuntarse nel para participar. É imprescindible estar inscrito na carreira de distancia media para poder participar nesta. A inscripción estará aberta ata o martes 14 ás 22 horas.
Mais información en www.agaco.es e http://ori-trevinca.blogspot.com.es/
Esperan a vosa participación e no apartado “Silnovas informa” deste blog están todos os detalles para inscribirse.
O Hotel Monumento Castelo de Maceda vai contribuír a estender o amor polo fado, organizando unhas xornadas mensuais que establecerán un vencello entre esta música e a boa comida. Esta primeira xornada do castelo combinará o fado de María do Ceo cunha cena preparada polo cociñeiro e xerente do establecemento, Carlos Parra. A sesión de cena e concerto celebrarase este sábado a partir das nove e media da noite. Previamente para completar esta actividade, ofrecerase unha cata comentada dos viños brancos da adega valdeorresa Godeval. A xerente da adega, Araceli Fernández, será a encargada de presentar as dúas marcas: Godeval e Godeval Cepas Vellas, elaboradas integramente coa variedade godello.
A cena celebrarase nun dos salóns do Castelo que estará decorado como un local de fados lisboeta con capacidade para 50 persoas. A ambientación completarase coa música de María do Ceo.
Nestes intres as prazas están todas cubertas e xa se están recollendo reservas para a próxima velada que será o día 6 de abril. Nesa data volverá a actuar a fadista María do Ceo e a comida correrá a cargo nesta ocasión dun cociñeiro portugués.
O xerente do Hotel Castelo de Maceda, Carlos Parra, explica que as xornadas de “Fado e Gastronomía”, é unha idea que xa puxo en marcha hai uns anos noutro establecemento no que estaba traballando e que quere recuperar agora no seu novo proxecto. A idea é propiciar un intercambio entre o Castelo de Maceda e as casas de fado de Lisboa, Coimbra e Oporto.
O Hotel Monumento Castelo de Maceda está aberto ao público dende finais do mes de febreiro e conta con 5 habitacións para dar aloxamento e o restaurante con pratos de cociña tradicional con toques de innovación a cargo do cociñeiro e xerente, Carlos Parra.
PROGRAMA do sábado 16 marzo
20 horas: cata comentada dos viños: Godeval e Godeval Cepas Vellas (DOP Valdeorras)
21:30 horas: Cena
23 horas: Actuación fadista María do Ceo
Prezo por persoa: 45€
O acto celebrouse, o sábado 23, ás oito da tarde nun dos salóns do Hotel Monumento Castelo de Maceda coa presenza de moito público. A asociación Amigos do Fado presentouse ante eles como unha entidade dinámica que quere potenciar a expresión máis coñecida internacionalmente da música portuguesa. A presidenta, Chus Lago, foi a encargada de presentar aos membros da recén creada directiva e a fadista María do Ceo estivo presente como madriña e motivo de inspiración desta asociación.
A presentación dos Amigos do Fado foi a primeira actividade oficial celebrada no Castelo de Maceda dende que abriu o venres as súas portas baixo a xestión do cociñeiro ourensán Carlos Parra. O fado estará moi presente neste entorno histórico a través das “Xornadas de Fado e Gastronomía” que se celebrarán unha vez ao mes. A primeira no mes de marzo.
Obxectivos e captación de socios
Esta asociación nace para potenciar o fado na provincia. A idea xurdiu no círculo de amizades da fadista María do Ceo para poñer en marcha actividades que impulsen este canto popular portugués, declarado no 2011 pola Unesco como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. Precisamente, María do Ceo, madriña desta entidade, foi a encargada de abrir o acto lembrando que tiña moitas ganas de que alguén se animara a crear unha asociación deste tipo en Ourense xa que hai moita afición. Declarouse moi honrada de ser a madriña e explicou que está moi satisfeita con esta nova iniciativa.
A presidenta, Chus Labrador, foi a encargada de presentar a directiva da nova asociación formada por:
-Presidente de Honor
José Antonio Gurriarán
-Presidenta
Chus Labrador
-Secretario
Anton Alonso
-Tesorero
Carlos Parra
-Vocales
María Jesús Blanco
Armando González
Francisco Javier Casares
A reunión do sábado serviu para comezar a captación de socios que recibirán a través das redes sociais e comunicacións directas información dos actos que se celebren e a partir de agora. Ademais terán prioridade para a asistencia aos mesmos. Calquera interesado en pertencer a ela só terá que apuntarse (de momento) no correo electrónico do castelo:info@hotelcastillodemaceda.com e pagar unha cuota de 20 euros ao ano. A asociación está en proceso de creación do seu propio correo electrónico e presenza en redes sociais.
Xornadas de Fado e Gastronomía unha vez ao mes
Por outra parte, o Hotel Monumento Castelo de Maceda vai contribuir a extender o amor polo fado, organizando unhas xornadas mensuais que tentarán establecer un vencello entre esta música e a boa comida. O seu xerente, Carlos Parra, presentou as xornadas de “Fado e Gastronomía”, unha idea que xa puxo en marcha hai uns anos en outro establecemento no que estaba traballando e que quere recuperar agora no seu novo proxecto. Esta primeira xornada do castelo combinará o fado de María do Ceo cunha cena preparada polo propio cociñeiro Carlos Parra. A sesión de cena e concerto celebrarase nun dos salóns do Castelo no mes de marzo. Nos meses seguintes continuarase con novas actuacións de fadistas e serán cociñeiros de Portugal os que se encargarán de elaborar os pratos da cena. Propiciando así un intercambio entre o Castelo de Maceda e casas de fado de Lisboa, Coimbra e Oporto.
O Hotel Monumento Castelo de Maceda está aberto ao público dende o venres e conta con 5 habitacións para dar aloxamento e o restaurante con pratos de cociña tradicional con toques de innovación a cargo do cociñeiro e xerente, Carlos Parra.
-Sinatura da acta de creación da asociación no Castelo de Maceda
-María do Ceo deleitou ao público asistente cuns fados ao final da reunión.