O concello de Vilamartín xa ten en marcha a súa web: www.vilamartindevaldeorras.es
Dende esta páxina ademais de contar aos
veciños o funcionamento do concello nos diferentes apartados, tamén irán subindo información do traballo do día a
día que se está a facer neste concello. A información actualizada poderá verse
no menú de inicio da propia web.
Para mellorar a comunicación cos veciños puxeron en
marcha tamén un correo electrónico: preguntalleaolalcade@vilamartindevaldeorras.es para que todos aqueles que o desexen
lle poidan enviar cuestións ao rexedor, Enrique Álvarez Barreiro e ao seu grupo
de goberno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario