viernes, 22 de marzo de 2013

Curso de Turismo do viño: tendencias e experiencias da Uned Ourense

Este é o programa do curso da Uned Ourense para hoxe venres e mañá sábado.


Venres, 22 marzo de 2013
16.00 – 17.30 h: Galicia territorio vitivinícola.Denominacions de orixe galegas. Mundo varietal. D. Antonio Raluy - Conselleria do Medio Rural - Xunta de Galicia
17.30 h – 18.30 h: Lagares altomedievais.Prof. Dr. Cesar Llana - Titor UNED A Coruña e Técnico do Museo Etnolóxico de Ribadavia. D. Manuel García Valdeiras, Arqueólogo
18.30 h – 19.30 h: Rutas do Viño en Galicia.Prof. Dr. José Antonio Fraiz Brea –Titor UNED Ourense
19.30 h. – 21.00 h: Antes do viño.Prof. Dr. Anselmo López Carreira – Titor UNED Ourense


Sábado, 23 marzo de 2013


10.00 – 11.15 h: O mundo do viño en Galicia,as grandes esencias en frascos pequenos. Pequenas viñas e viños de autor.D. Xosé Carballido Presas-Conselleria do Medio Rural-Xunta de Galicia
11.15 – 12.30 h: Patrimonio monumental e o viño. Adegas históricas e granxas vitivinícolas. D. Xosé Luís Sobrado - Centro Estudios Chamoso Lamas. Equipo redactor do Museo Galego do Viño.
12.30 - 14.00 h: As cidades históricas do viño en Galicia. D. Juan Manuel Rodríguez, Centro de Estudio Chamoso Lamas - Equipo redactor do Museo Galego do Viño.
16.00 – 17.00 h: O Museo Galego do Viño. Un proxecto histórico e antropolóxico. D. Xosé Carlos Sierra, Director do Museo Etnolóxico de Ribadavia.
17.00 – 20.00 h: Ruta polas aldeas históricas do viño do Ribeiro. Visita a una adega: arquitectura histórica.D. Antonio Miguez Amil - Oficina de Turismo de Ribadavia.

Lugar: Antiga Igrexa da Madalena-Ribadavia.
Datas: 22 e 23 de MARZO 2013

Obxetivos:
- Fomentar o enoturismo e a súa potenciación como actividade de desenvolvemento socioeconómico dos territorios vitícolas.
- Divulgar a historia dos viños galegos e a súa importancia na historia..

image

miércoles, 13 de marzo de 2013

O Hotel Castelo de Maceda celebra Xornadas de Fado e Gastronomía acompañadas dunha cata comentada da adega Godeval

clip_image002[4]                   Logo Bodegas

O Hotel Monumento Castelo de Maceda vai contribuír a estender o amor polo fado, organizando unhas xornadas mensuais que establecerán un vencello entre esta música e a boa comida. Esta primeira xornada do castelo combinará o fado de María do Ceo cunha cena preparada polo cociñeiro e xerente do establecemento, Carlos Parra. A sesión de cena e concerto celebrarase este sábado a partir das nove e media da noite. Previamente para completar esta actividade, ofrecerase unha cata comentada dos viños brancos da adega valdeorresa Godeval. A xerente da adega, Araceli Fernández, será a encargada de presentar as dúas marcas: Godeval e Godeval Cepas Vellas, elaboradas integramente coa variedade godello.

A cena celebrarase nun dos salóns do Castelo que estará decorado como un local de fados lisboeta con capacidade para 50 persoas. A ambientación completarase coa música de María do Ceo.

Nestes intres as prazas están todas cubertas e xa se están recollendo reservas para a próxima velada que será o día 6 de abril. Nesa data volverá a actuar a fadista María do Ceo e a comida correrá a cargo nesta ocasión dun cociñeiro portugués.

O xerente do Hotel Castelo de Maceda, Carlos Parra, explica que as xornadas de “Fado e Gastronomía”, é unha idea que xa puxo en marcha hai uns anos noutro establecemento no que estaba traballando e que quere recuperar agora no seu novo proxecto. A idea é propiciar un intercambio entre o Castelo de Maceda e as casas de fado de Lisboa, Coimbra e Oporto.

O Hotel Monumento Castelo de Maceda está aberto ao público dende finais do mes de febreiro e conta con 5 habitacións para dar aloxamento e o restaurante con pratos de cociña tradicional con toques de innovación a cargo do cociñeiro e xerente, Carlos Parra.

 

PROGRAMA do sábado 16 marzo

20 horas: cata comentada dos viños: Godeval e Godeval Cepas Vellas (DOP Valdeorras)

21:30 horas: Cena

23 horas: Actuación fadista María do Ceo

Prezo por persoa: 45€