miércoles, 4 de octubre de 2017

Material promocional personalizado para empresas

Estamos no últimos meses do ano, momentos nos que se planean actividades e material promocional para o ano que ven. Entre eles están as axendas personalizadas, con fotos de empresa, con explicacións dos traballos que se elaboran, dentro dunha axenda que os seus clientes usarán todo o ano para anotar temas variados. As axendas en papel teñen moito percorrido e poden ser un gran instrumento de publicidade.
Tamén entra dentro deste rango promocional os almanaques, que feitos con estilo, poden resultar unha ferramenta divulgativa rechamante.

Solfiro, Comunicación e Eventos, estamos dispostos a asesorarte nestes e noutros temas relacionados coa promoción do teu negocio.

Pídenos presuposto sen compromiso....


jueves, 27 de julio de 2017

Actividades das VI Xornadas de Portas Abertas 2017

Hai dous meses por estas datas empezábamos unha serie de actividades dentro das VI Xornadas de Portas Abertas: Cata degustación, visitas gratuitas a adegas, transporte gratuito, III Festa de Portas Abertas no Barco...

Aquí deixamos algunhas fotos destas actividades na comarca de Valdeorras:









































lunes, 15 de mayo de 2017

Sete adegas e catro establecementos hostaleiros na VI Xornadas de Portas Abertas de Valdeorras



   Participantes nas VI  Xornadas de Portas Abertas Valdeorras

 -Adegas: Joaquín Rebolledo, A Coroa, Alan de Val, Godeval, Roandi, O Cepado e O Casal


-Establecementos hostaleiros: Mesón Museo, Pazo do Castro, Casa Rural Pacio do Sil, Hostal Restaurante O Pillabán


A VI edición das Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño de Galicia, que organiza a Axencia de Turismo de Galicia celebrase na comarca de Valdeorras os días 26, 27 e 28 de maio. 7 adegas, tres aloxamentos e dous restaurantes  pertencentes á Ruta do Viño valdeorresa participan nestas xornadas nas que a base son as visitas gratuítas ás adegas, prezos especiais nos aloxamentos e menús preparados para esta actividade. A todo isto engadíuselle o transporte de balde para poder visitar as adegas durante toda a fin de semana, mantendo nesta edición dous autobuses que sairán de Lugo e Ponferrada na mañá do domingo. Este ano haberá 12 rutas repartidas entre o sábado pola mañá e tarde e o domingo á mañá. No programa tamén se inclúe a IV edición da Festa das Portas Abertas o sábado á noite no Paseo do Malecón do Barco. Onde seis adegas e dous restaurantes ofrecerán viños e pinchos a un prezo especial.

Novidades para o venres 26 e outras

Entre as novidades está que as actividades empezarán o 26 de maio, co “Venres de Pincha e Cata” onde se poderán degustar  viños das sete adegas participantes en dous restaurantes da ruta. Ademais este ano en dúas rutas farase visita a lugares de relevancia histórico-turística no Barco e na Rúa. A vila do Castro visitarase o sábado en dúas ocasións e o domingo os visitantes de Ponferrada coñecerán A Rúa Vella: o seu pasado romano e o Camiño de Inverno.

Para facer as reservas

As reservas para transporte e visitas gratuítas ás adegas están abertas enviando un correo electrónico a : rutadelvinodevaldeorras@gmail.com ou chamando ao 619086326. O mesmo sistema pode utilizarse para reservar no Venres de Pincha e Cata e tamén para os menús especiais e aloxamentos.
Os visitantes tamén  terán a oportunidade de coñecer as adegas desprazándose pola súa conta a calquera delas dentro dos horarios marcados ás 11:30 horas, 13 horas e 17 horas. E o domingo abrirán para visitas por libre ás 12 horas.

O programa completo poden atopalo no blog: somosvaldeorras.blogspot.com






       .