lunes, 20 de enero de 2014

Unha vinruta con Roandi e Virxe de Galir moi concurrida

O sábado 18 de xaneiro celebramos a segunda vinruta por terras de Valdeorras. Nesta ocasión por dúas adegas de O Barco, concretamente na localidade de Éntoma: Roandi e Virxe de Galir. A primeira parada dos vinruteiros foi na adega Roandi para catar dous escumosos: Brinde e Brinde de Rosas. O Brinde é o primeiro escumoso de godello amparado pola DO Valdeorras e o Brinde de Rosas é o primeiro escumoso rosado de Galicia, recén saído ao mercado neste Nadal.
A segunda parte da vinruta foi na adega Virxe de Galir para coñecer os viños que esta adega elabora coa variedade godello e mencía. Ademáis como sorpresa puidemos catar o único mencía crianza de Galicia, o Pagos de Galir selección Rosa Rivero. A sorpresa aumentou ao poder catar tamén o G de Galir, un godello sobre lías sorprendente.
Os dous guías da visita, Gerardo Rodríguez en Roandi e José Barros en Virxe de Galir explicaron a historia das súas adegas e contestaron a todas as preguntas que lle fixeron. Moi agradecida pola súa paciencia e bo humor tanto aos vinruteiros como aos adegueiros. Agardo que repitan.

Aquí van algunhas fotos da vinruta:















No hay comentarios:

Publicar un comentario