viernes, 20 de septiembre de 2019

Programa con múltiples actividades na XXXII Feira do Poldro e do Gando do Monte este fin de semana na Gañidoira (Muras)

Desde Solfiro Comunicación e Eventos saímos da nosa habitual actividade en Valdeorras e arredores para irnos á Terra Chá, ao Concello de Muras para axudarlles a organizar unha das feiras de referencia na zona. Agardamos que sexa todo un éxito.

Aquí deixamos a información para coñecer este evento...

O Concello de Muras ten organizado no Alto da Gañidoira un fin de semana cheo de actividades ao redor do mundo do cabalo e do gando do monte. A edición número 32 desta festa de Interese Turístico Galego terá un programa para os días 21 e 22 cheo de actividades que van dende as carreiras de cabalos polo monte e os curros de gando vacún e cabalar criado en liberdade no que se concederán máis de 7.000 euros en premios. Tamén forma parte do plan de festa a degustación da xa famosa hambuguesa Gañidoira, feita con carne de poldro, e tamén a exposición de tractores antigos, así como a presenza de máis de trinta postos de venda de artesanía, vestido e alimentación. Ademais non se esquecen as actividades para os nenos como os paseos a cabalo, inchables  e un touro mecánico. A festa tamén se expandirá a bares do concello que ofrecerán tapas de balde con carne de poldro.
Actividades do sábado
O sábado 21 a partir das 16:30 horas comezará o Raid das Bestas no que poderán participar todos aqueles xinetes interesados sen necesidade de estar federados. Será un percorrido duns 30 quilómetros no que se terá en conta a destreza do xinete e do cabalo para conceder os premios que van dos 125 aos 75 euros. Despois de rematada esta actividade haberá degustación de hamburguesas e chourizos,  contando ca colaboración de PURAGA (Asociación de Criadores de Cabalos de Pura Raza Galega).
Domingo 22: Día Grande da Feira do Poldro
Os curros de animais de gando vacún e cabalar criado en liberdade terá o seu protagonismo neste día no que se abrirá a partir das dez da mañá unha gran feira con produtos de alimentación, artesanía, vestimenta e calzado, contando ademais con espazo para a exposición de tractores antigos e diversa maquinaria agrícola. No programa haberá a celebración dun acto de confraternidade dos cabaleiros da zona e poderase degustar a xa famosa Hamburguesa Gañidoira, feita con carne de poldro e de porco celta. Os máis pequenos terán a súa carpa con inchables e touro mecánico ademais de paseos a cabalo de balde. As carreiras de cabalos coparán a axenda da tarde para rematar un día intenso de actividade.
Colaboración de asociacións
Esta feira conta coa colaboración de ASPORCEL,CAPRIGA, AVIMOS- BOAGA,PURAGA e PORCO CELTA para a exposición de razas autóctonas. Pero tamén cas asociacións de mulleres rurais e de Pais e Nais do concello. Así a asociación de Mulleres Rurais será a encargada de xestionar a venda de tickets para disfrutar da Hamburguesa Gañidoira, o prato estrela desta feira. Tamén estarán colaborando a ANPA do CEIP Antía Cal Vázquez neste caso nas actividades para os cativos tanto inchables como un touro mecánico que estará en funcionamento durante a mañá e mediodía do domingo. 









domingo, 1 de septiembre de 2019

Salón de Produtos Tradicionais no Barco no primeiro fin de semana de setembro


O Concello do Barco en colaboración co Eixo Atlántico organizará os días 7 e 8 de setembro un Salón de Produtos Tradicionais. Os 17 participantes serán produtores e vendedores de produtos e artesanía de toda Galicia e norte de Portugal. A feira abrirase ao público o sábado día 7 na zona fluvial do Paseo do Malecón. Estará en funcionamento toda a fin de semana con actuacións musicais e un restaurante ambulante como actividades complementarias.
A promoción de produtos tradicionais, na súa maioría do sector da alimentación, é o obxectivo deste novo evento na vila barquense. O viño, o mel, aceites, conservas, doces, pan e diferentes elementos de xoiaría e decoración formarán parte deste evento que terá lugar á beira do río Sil na vila barquense. Entre os participantes estarán o aceite, viño e pasteis do norte de Portugal, concretamente de Chaves e Valpaços. O horario de apertura dos dous días será de 11 a 14 horas polas mañás e de 18 a 22 horas pola tarde.

Listado de participantes no Salón de produtos tradicionais O Barco 2019.  7 e 8 de setembro

Viños e licores
-Adega Roandi
-Licores Barbudos
-Valdeorras é Viño (tenda)
-Cooperativa de Valpaços (Portugal)

Aceites
-Aceiroga

Doces e panadería
-Biquinho Doce (Portugal)
-Larpeiradas
-Cooperativa Amarelante
-Torta de Sarria
- Bicas Raigada

Queixos
-Facendera

Mel
-Dolche Abejas e O Marquesado

Multiproduto
-A Manduca tenda

Artesanía
-Pintura Sofi  Modebadze
-Aneis de Pau
-Coiro José Bertolo