O sábado 18 de xaneiro celebramos a segunda vinruta por terras de Valdeorras. Nesta ocasión por dúas adegas de O Barco, concretamente na localidade de Éntoma: Roandi e Virxe de Galir. A primeira parada dos vinruteiros foi na adega Roandi para catar dous escumosos: Brinde e Brinde de Rosas. O Brinde é o primeiro escumoso de godello amparado pola DO Valdeorras e o Brinde de Rosas é o primeiro escumoso rosado de Galicia, recén saído ao mercado neste Nadal.
A segunda parte da vinruta foi na adega Virxe de Galir para coñecer os viños que esta adega elabora coa variedade godello e mencía. Ademáis como sorpresa puidemos catar o único mencía crianza de Galicia, o Pagos de Galir selección Rosa Rivero. A sorpresa aumentou ao poder catar tamén o G de Galir, un godello sobre lías sorprendente.
Os dous guías da visita, Gerardo Rodríguez en Roandi e José Barros en Virxe de Galir explicaron a historia das súas adegas e contestaron a todas as preguntas que lle fixeron. Moi agradecida pola súa paciencia e bo humor tanto aos vinruteiros como aos adegueiros. Agardo que repitan.
Aquí van algunhas fotos da vinruta:
lunes, 20 de enero de 2014
miércoles, 15 de enero de 2014
Temos nova vinruta no Barco
Escumosos e viños para degustar na
segunda vinruta deste sábado no Barco
Este sábado celebrase no Barco a segunda vinruta coa
participación de dúas adegas da localidade de Éntoma: Roandi e Virxe de Galir.
A actividade comezará a partir das sete e media da tarde na adega Roandi
pioneira na elaboración de viños escumosos na Denominación de Orixe Valdeorras.
Os visitantes coñecerán a historia desta adega de recente creación que conta no
seu haber co primeiro escumoso de godello amparado pola DO Valdeorras e tamén o
primeiro escumoso rosado de Galicia. Os dous serán catados na segunda fase da
visita. A continuación a vinruta continuará na adega Virxe de Galir con viños
de renome como o primeiro crianza de Valdeorras. Nesta adega terán a
oportunidade de coñecer os seus viños e elaboración e a continuación catarán un
mencía e un godello.
A vinruta está organizada a través do proxecto Valdeorras é viño e coa colaboración das
dúas adegas a visitar. Terá un custe de 14 € por persona e as entradas están á
venda en dous puntos na vila barquense: librería Murciego e tenda de música Ton
y Son. Tamén se poden reservar a través do correo electrónico: valdeorrasesvino@gmail.com e no
Facebook Valdeorras Es Vino.
A primeira vinruta celebrouse o pasado 28 de decembro na
localidade da Rúa coa participación de tres adegas: Alán de Val, José Aristegui
e Melillas. Os 15 participantes desa actividade degustaron os viños de cada
adega e coñeceron a súa historia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)