domingo, 1 de septiembre de 2019

Salón de Produtos Tradicionais no Barco no primeiro fin de semana de setembro


O Concello do Barco en colaboración co Eixo Atlántico organizará os días 7 e 8 de setembro un Salón de Produtos Tradicionais. Os 17 participantes serán produtores e vendedores de produtos e artesanía de toda Galicia e norte de Portugal. A feira abrirase ao público o sábado día 7 na zona fluvial do Paseo do Malecón. Estará en funcionamento toda a fin de semana con actuacións musicais e un restaurante ambulante como actividades complementarias.
A promoción de produtos tradicionais, na súa maioría do sector da alimentación, é o obxectivo deste novo evento na vila barquense. O viño, o mel, aceites, conservas, doces, pan e diferentes elementos de xoiaría e decoración formarán parte deste evento que terá lugar á beira do río Sil na vila barquense. Entre os participantes estarán o aceite, viño e pasteis do norte de Portugal, concretamente de Chaves e Valpaços. O horario de apertura dos dous días será de 11 a 14 horas polas mañás e de 18 a 22 horas pola tarde.

Listado de participantes no Salón de produtos tradicionais O Barco 2019.  7 e 8 de setembro

Viños e licores
-Adega Roandi
-Licores Barbudos
-Valdeorras é Viño (tenda)
-Cooperativa de Valpaços (Portugal)

Aceites
-Aceiroga

Doces e panadería
-Biquinho Doce (Portugal)
-Larpeiradas
-Cooperativa Amarelante
-Torta de Sarria
- Bicas Raigada

Queixos
-Facendera

Mel
-Dolche Abejas e O Marquesado

Multiproduto
-A Manduca tenda

Artesanía
-Pintura Sofi  Modebadze
-Aneis de Pau
-Coiro José Bertolo





No hay comentarios:

Publicar un comentario