O alcalde do Barco, Alfredo
García e a Concelleira de Cultura e Educación, Margarida Pizcueta foron os encargados de presentar o cartel da
XVIII edición da Festa do Botelo 2018. Un cartel que baixo o lema “O pai de todos os botelos” fai alusión
ao mundo do cine e a última entrega da saga de Star Wars que como indicou a
concelleira Pizcueta “está agora de
actualidade en todo o mundo e queremos que o botelo acade tamén esa
internacionalidade”. Ademais de presentar o cartel desta nova edición tamén
adiantaron algúns puntos do programa “que se está rematando de perfilar”
explicou a concelleira.
A Festa do Botelo do Barco celebrarase o fin de semana do
20 e 21 de xaneiro e tal e como
explicou o alcalde, Alfredo García: “ampliamos a toda a fin de semana a
actividade porque queremos que a xente nos visite e deguste o botelo nos
restaurantes da vila, non só o día da comida institucional do día 20 no
pavillón de Calabagueiros”.
Novidades na
compra de entradas
Na presentación do
cartel xa foron adiantando algunhas das novidades deste ano no referente á
compra de entradas para a asistir á comida no pavillón de Calabagueiros o día
20 de xaneiro. Como primeira novidade explicaron que se cambia a venda de
entradas á fin de semana anterior á festa e non se fará nun luns como viña
sendo habitual ultimamente. A venda farase o sábado, día 13 de xaneiro, en
horario de tarde aínda sen especificar. “Así
poderán comprar entradas a xente que pola semana traballa” explicou a
concelleira Margarida Pizcueta, quen tamén indicou que se cambia o lugar de
venda das entradas do Teatro Lauro Olmo ao
terceiro andar da Casa do Concello do Barco. E por último tamén se anunciou
que as 1150 entradas que se porán á venda subirán de prezo e custarán 18 euros
cada unha e que cada comprador só poderá adquirir como máximo 10 entradas.
A concelleira, Margarida Pizcueta, indicou que o resto do
programa farase público o próximo día 9 de xaneiro.
VENDA DE
ENTRADAS
Día: 13 de
xaneiro
Lugar: Terceiro
Andar da Casa do Concello do Barco
Hora: pola tarde
aínda sen concretar
Número de
entradas á venda: 1150
Prezo: 18 euros
Número máximo de
entradas por persoa: 10 entradas
Todas as
actividades iranse anunciando na web www.festabotelo.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario