Esta é a primeira actividade dun proxecto máis amplo para dinamizar e dar a coñecer os viños da Denominación de Orixe Valdeorras. Baixo o nome "Valdeorras é viño" e cun logo que lembra unha copa, vou poñer en marcha unha serie de visitas, promocións e catas para que toda aquela persoa interesada no viño poida achegarse a el no entorno de Valdeorras e coñecelo o máis posible. E quen son eu?, pois Soledad Figueroa, unha xornalista aficionada ao mundo do viño, con experiencia no sector, e coñecedora da comarca de Valdeorras. O obxectivo convertir unha afición nun medio de vida. A primeira "Vinruta" será o día 28 de decembro na zona da Rúa Vella e contando coa colaboración de dúas adegas Alán de Val e Adega Melillas , adegueiros aos que agradezo a súa colaboración. Pouco a pouco irei contando mais actividades...de momento a primeira vinruta xa está en marcha. Tendes máis información no facebook:https://www.facebook.com/valdeorras.esvino, e tamén dentro de pouco haberá unha web en funcionamento completo: www.valdeorrasesvino.com Aqui vai a nota de prensa difundida hoxe aos medios:
A primeira vinruta de adegas
de Valdeorras celebrarase o sábado 28 de decembro
Dúas adegas, Alán de Val e
Adega Melillas, abrirán as súas portas para ofrecer unha visita e degustación o sábado 28 de decembro a partir das doce do
mediodía. As entradas xa están á venda en varios puntos das vilas do Barco e A
Rúa, ademais de nas propias adegas Alán de Val e Melillas. Os asistentes
pagarán 12 € por persoa por unha ruta que comezará as doce do mediodía
dende o Campo de San Roque (A Rúa vella) cun microbús que levará aos
participantes ata as adegas e posteriormente volverá ao punto de partida, onde
se celebra a XII edición da Festa da Empanada de Costrelas. Durante as dúas
horas de visita coñecerán as adegas e a súa historia e catarán dous
viños (un godello e un mencía) en cada unha delas.
A organización da ruta faise
entre as adegas participantes e a empresa Solfiro
comunicación e eventos que baixo o proxecto “Valdeorras é viño” quere
dar a dar a coñecer as adegas e os viños
da comarca . Ademais das entradas para esta visita, ofrecen a posibilidade de
reservar as entradas da XII Festa de Empanada de Costrelas previa reserva, xa que os dous actos son
independentes. A idea do proxecto Valdeorras é viño é continuar organizando novas rutas para poder
promocionar as adegas e os viños.
Os puntos de venta son:
·
O
Barco: Ton y Son tenda de música, Librería Murciego e Xestoría ABC.
·
A
Rúa: Adegas Alán e Melillas, Tapería O Bodegón, Floristería Melillas e o Café.
|
miércoles, 18 de diciembre de 2013
Empeza o proxecto Valdeorras é viño coa primeira vinruta en dúas adegas da Rúa
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario