O club Peña Trevinca Barco e o Concello de O Barco de Valdeorras organizan o VI Trofeo de Orientación "Camiño do Inverno, Terras de Valdeorras" o próximo 18 de maio. Haberá dúas carreiras, unha pola mañá puntuable para a liga galega, de distancia media. A saída será a partir das 10:30 horas na localidade barquense de Xagoaza. Despois , ao redor das 17 horas farase unha carreira do tipo sprint (lúdica, non puntuable para a liga), con saída dende a Praza Andrés de Prada de O Barco (Carreira Sprint Festas de Santa Rita 2013), utilizando o mapa da zona de “O Salgueiral” realizado en marzo de 2012 por Javier Arufe e Natalia Pedre, e actualizado en abril de 2013.
Para a carreira sprint xeraron outro evento e hai que apuntarse nel para participar. É imprescindible estar inscrito na carreira de distancia media para poder participar nesta. A inscripción estará aberta ata o martes 14 ás 22 horas.
Mais información en www.agaco.es e http://ori-trevinca.blogspot.com.es/
Esperan a vosa participación e no apartado “Silnovas informa” deste blog están todos os detalles para inscribirse.
No hay comentarios:
Publicar un comentario