jueves, 12 de diciembre de 2013
miércoles, 20 de noviembre de 2013
Congreso Internacional Turismo de Interior
Esta mañà comeza en Valladolid a primeira edición deste congreso que contarà con ponentes de Portugal, Reino Unido, Francia e Alemania. Os temas: internacionalización turística, mercados consolidados, calidade turística, o turismo do viño, etc. A presentación vaina facer Esther Eiros do programa de radio, Gente Viajera (Onda Cero).




domingo, 17 de noviembre de 2013
O primeiro escumoso rosado de Galicia é valdeorrés
Imos de primeiro en primeiro... o primeiro escumoso de godello, o primeiro vermú galego e agora o primeiro escumoso rosado feito en Galicia. A adega valdeorrresa Roandi saca neste mes ao mercado o seu Brinde de Rosas, un escumoso elaborado con tres variedades autoctónas galegas. Poránse á venda 5000 botellas e seguro que se agotará.
Aqui está o enlace do seu blog para que teñades máis detalles:
http://bodegaroandi.blogspot.com/2013/11/el-primer-espumoso-rosado-de-galicia.html
Aqui está o enlace do seu blog para que teñades máis detalles:
http://bodegaroandi.blogspot.com/2013/11/el-primer-espumoso-rosado-de-galicia.html
jueves, 26 de septiembre de 2013
Xa temos un vermú galego
A factoría Nordés da que xa coñecemos a primeira xenebra galega saca agora ao mercado o vermú galego . Unha información que pode lerse en Benbo.eu e que comparto...
Nordesía, un vermú galego a base de mencía e albariño
24 Setembro, 2013 · in Actualidade
Vermú roxo elaborado a partir de viño de variedade mencía e branco feito con albariño. As tradicionais herbas amargas (xenciana, asento) e outras moi presentes en Galicia (loureiro, sabugueiro, salicornia…) serán a base do novo vermú feito en Galicia: Nordesía. Unha elaboración da factoría Nordés, da que antes saíron a xenebra feita a partir de albariño e o vodka de patacas galegas.
Xoán Cannas, un dos artífices destas bebidas, fala para BenBo sobre o vermú. “Levábamos tempo dándolle voltas ao asunto e facendo probas. Queríamos facer un produto vinculado ao viño pero ao mesmo tempo novedoso e saíu un vermú moi tradicional, seco e amargo, como eran ao principio, inda que ultimamente se foron facendo doces”.
O vermú volve con forza e en moitos lugares, como Madrid ou Barcelona, xa é tendencia, como poderán apreciar os lectores do número tres de BenBo. Por iso Cannas asegura “Pensamos que hai nicho de mercado para este tipo de bebidas. E para moitos vai ser unha experiencia porque penso que os menores de 35 anos nunca viron un sifón”.
¿Vai haber un sifón da factoría Nordés ademais do vermú, preguntamos?. “Gustaríanos -indica Xosé- pero o tempo bótasenos derriba”. En calquera caso, non descarta unha segunda fase co lanzamento do sifón.
Nordesía estará no mercado a mediados de outubro, estando prevista unha presentación o día 18. O prezo estará na liña dos mellores vermús, entre nove e dez euros.
Cannas anuncia ademais unha posible receita propia. “Queremos saír cunha receita que permita converter o vermú en ingrediente fundamental dunha copa de noite, de maneira que o hostaleiro poida gañar vendéndoa a tres ou catro euros e os clientes queden contentos”.
domingo, 22 de septiembre de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

