Si no sabes qué regalar o quieres ofrecer algo especial a tus seres queridos la empresa de enoturismo en Valdeorras, Valdeorras é Viño enoturismo, te da la idea de regalar bonos para visitar bodegas en esta comarca. Solo tienes que contactar con ellos en el 619086326 y reservar el tuyo para regalar.
miércoles, 22 de diciembre de 2021
viernes, 29 de octubre de 2021
¡ Ven a Valdeorras para vivir este Samaín con viño ¡
Nesta Ponte de Santos temos moitas actividades relacionados co enoturismo e as catas na comarca de Valdeorras. Rutas enoculturais, visitas a adegas con reserva previa e ata unha cata nunha festa de Samaín.
Actividades esta fin de semana
miércoles, 11 de noviembre de 2020
lunes, 9 de noviembre de 2020
Otoño en Valdeorras: visitas enoturísticas
Visita la comarca de Valdeorras para descubrir los mejores paisajes otoñales. La empresa Valdeorras é Viño, enoturismo ofrece visitas guiadas a diferentes puntos de esta zona.
Puede ver las visitas en su Web Valdeorras es Vino
viernes, 20 de septiembre de 2019
Programa con múltiples actividades na XXXII Feira do Poldro e do Gando do Monte este fin de semana na Gañidoira (Muras)
Desde Solfiro Comunicación e Eventos saímos da nosa habitual actividade en Valdeorras e arredores para irnos á Terra Chá, ao Concello de Muras para axudarlles a organizar unha das feiras de referencia na zona. Agardamos que sexa todo un éxito.
Aquí deixamos a información para coñecer este evento...
O Concello de
Muras ten organizado no Alto da Gañidoira un fin de semana cheo de actividades
ao redor do mundo do cabalo e do gando do monte. A edición número 32 desta
festa de Interese Turístico Galego terá un programa para os días 21 e 22 cheo de
actividades que van dende as carreiras de cabalos polo monte e os curros de
gando vacún e cabalar criado en liberdade no que se concederán máis de 7.000
euros en premios. Tamén forma parte do plan de festa a degustación da xa famosa
hambuguesa Gañidoira, feita con carne de poldro, e tamén a exposición de
tractores antigos, así como a presenza de máis de trinta postos de venda de
artesanía, vestido e alimentación. Ademais non se esquecen as actividades para
os nenos como os paseos a cabalo, inchables
e un touro mecánico. A festa tamén se expandirá a bares do concello que
ofrecerán tapas de balde con carne de poldro.
Actividades do sábado
O sábado 21 a
partir das 16:30 horas comezará o Raid das Bestas no que poderán participar
todos aqueles xinetes interesados sen necesidade de estar federados. Será un
percorrido duns 30 quilómetros no que se terá en conta a destreza do xinete e
do cabalo para conceder os premios que van dos 125 aos 75 euros. Despois de
rematada esta actividade haberá degustación de hamburguesas e chourizos, contando ca colaboración de PURAGA (Asociación
de Criadores de Cabalos de Pura Raza Galega).
Domingo 22: Día Grande da Feira do Poldro
Os curros de
animais de gando vacún e cabalar criado en liberdade terá o seu protagonismo
neste día no que se abrirá a partir das dez da mañá unha gran feira con
produtos de alimentación, artesanía, vestimenta e calzado, contando ademais con
espazo para a exposición de tractores antigos e diversa maquinaria agrícola. No
programa haberá a celebración dun acto de confraternidade dos cabaleiros da
zona e poderase degustar a xa famosa Hamburguesa Gañidoira, feita con carne de
poldro e de porco celta. Os máis pequenos terán a súa carpa con inchables e
touro mecánico ademais de paseos a cabalo de balde. As carreiras de cabalos
coparán a axenda da tarde para rematar un día intenso de actividade.
Colaboración de asociacións
Esta feira conta
coa colaboración de ASPORCEL,CAPRIGA, AVIMOS- BOAGA,PURAGA e PORCO CELTA para a
exposición de razas autóctonas. Pero tamén cas asociacións de mulleres rurais e
de Pais e Nais do concello. Así a asociación de Mulleres Rurais será a
encargada de xestionar a venda de tickets para disfrutar da Hamburguesa
Gañidoira, o prato estrela desta feira. Tamén estarán colaborando a ANPA do
CEIP Antía Cal Vázquez neste caso nas actividades para os cativos tanto
inchables como un touro mecánico que estará en funcionamento durante a mañá e
mediodía do domingo.
domingo, 1 de septiembre de 2019
Salón de Produtos Tradicionais no Barco no primeiro fin de semana de setembro
O Concello do Barco en colaboración co Eixo Atlántico
organizará os días 7 e 8 de setembro
un Salón de Produtos Tradicionais. Os 17 participantes serán produtores e
vendedores de produtos e artesanía de toda Galicia e norte de Portugal. A feira
abrirase ao público o sábado día 7 na zona fluvial do Paseo do Malecón. Estará
en funcionamento toda a fin de semana con actuacións musicais e un restaurante
ambulante como actividades complementarias.
A promoción de produtos tradicionais, na súa maioría do
sector da alimentación, é o obxectivo deste novo evento na vila barquense. O
viño, o mel, aceites, conservas, doces, pan e diferentes elementos de xoiaría e
decoración formarán parte deste evento que terá lugar á beira do río Sil na
vila barquense. Entre os participantes estarán o aceite, viño e pasteis do
norte de Portugal, concretamente de Chaves e Valpaços. O horario de apertura
dos dous días será de 11 a 14 horas polas mañás e de 18 a 22 horas pola tarde.
Listado de
participantes no Salón de produtos tradicionais O Barco 2019. 7 e 8 de setembro
Viños e licores
-Adega Roandi
-Licores Barbudos
-Valdeorras é Viño (tenda)
-Cooperativa de Valpaços (Portugal)
Aceites
-Aceiroga
Doces e panadería
-Biquinho Doce (Portugal)
-Larpeiradas
-Cooperativa Amarelante
-Torta de Sarria
- Bicas Raigada
Queixos
-Facendera
Mel
-Dolche Abejas e O Marquesado
Multiproduto
-A Manduca tenda
Artesanía
-Pintura Sofi
Modebadze
-Aneis de Pau
-Coiro José Bertolo
miércoles, 16 de enero de 2019
XIX Festa do Botelo 2019 no Barco de Valdeorras
O alcalde do Barco, Alfredo
García e a Concelleira de Cultura e Educación, Margarida Pizcueta foron os encargados de presentar o cartel da XIX
edición da Festa do Botelo 2019. Un cartel que ten moita relación coas
actividades de promoción que se veñen realizando nos últimos anos e co pregoeiro
oficial do 2019 o humorista, actor e presentador, Roberto Vilar. Actualmente Roberto Vilar presenta o seu programa, Land Rober Tunai Show da Televisión de
Galicia (TVG) e sendo líder de audiencia no seu día de emisión na canle pública
galega. Este é o protagonista do cartel para convertelo nun novo embaixador do
botelo xunto coa “boteloneta” que leva
percorrido a comarca nos últimos anos cos xornalistas e blogueiros que viñan coñecer
a elaboración do botelo e o seu entorno. Ademais de facer referencia ao percorrido que se fai cada ano por Coruña,
Vigo e outras localidades coa “festa do Botelo” co afán de promocionalo noutros
lugares fora das terras valdeorresas.
Ademais de presentar o cartel e o pregoeiro desta nova
edición tamén adiantaron algúns puntos do programa. Entre eles quen
recibirá a Mención de Honra 2019 que
será para o Restaurante Fernando III .
Un local referente na gastronomía da vila na actualidade.
Actividades da
Festa do Botelo: presentación dun libro, película, Cantos de taberna , Feira de
produtos tradicionais e programa Aquí Galicia da TVG
No programa de actividades da XIX Festa do Botelo tamén se
inclúe a proxección dunha película no Teatro Lauro Olmo relacionada co mundo da
gastronomía. O título deste ano é “Una receta familiar” e poderá verse o xoves,
17, ás 19 e 21 horas no Teatro Lauro Olmo. Ao día seguinte, terá lugar a presentación do
libro “Ninfopoética” da poetisa Fátima
Delgado (presentadora este ano do acto do pregón) que será ás 20 horas na
Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán. Unha hora máis tarde e no Teatro Lauro
Olmo a compañía Contraproducións porá en escea a obra “Commedia”.
Un ano máis haberá Feira de Produtos Tradicionais que
este ano cambia de ubicación e estará no Campo
da Festa no Paseo do Malecón durante
o sábado todo o día. O número de participantes estase a perfilar nestes
días e informarase proximamente. Neste
mesmo lugar tamén terá lugar o sábado 19 pola tarde a emisión do programa da TVG “Aquí Galicia”. Un
espazo de actuacións musicais en directo e emisión de reportaxes de actualidade
e promocionais da comarca de Valdeorras. Xa entrada a tardiña os Cantos de Taberna voltarán a amenizar
varios locais da vila coa música tradicional.
PROGRAMA OFICIAL
XIX FESTA DO BOTELO 2019
XOVES 17 DE
XANEIRO
PELICULA
Titulo: Unha receita familiar
Lugar: Teatro Lauro Olmo
Hora: 19 e 21 horas
Entrada gratuíta
VENRES 18 DE
XANEIRO
PRESENTACION DE LIBRO
Título: Ninfopoética
Autora: Fátima Delgado
Lugar: Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán
Hora: 20 horas
TEATRO
Título: “Commedia”
Compañía: Contraproducións
Hora: 21 horas
Lugar: Teatro Lauro Olmo
SÁBADO 19 DE
XANEIRO
XIX FESTA DO BOTELO
Feira de produtos tradicionais (Sábado e domingo)
Lugar: Campo da Festa, Paseo do Malecón
Hora: Dende ás 11 da mañá ata ás 19 horas (os dous días)
Acto pregón e Mención de Honra
Lugar: Teatro Lauro Olmo
Hora: 12 horas
Pregoeiro: Roberto Vilar (humorista, actor e presentador)
Mención de Honra: Restaurante Fernando III
Comida oficial da Festa do Botelo
Lugar: Pavillón de deportes de Calabagueiros
Hora: 14:30 horas
Programa da TVG Aquí Galicia
Lugar: Campo da festa, Paseo do Malecón
Hora: 16 horas
Cantos de Taberna
Lugar: bares da vila
Hora: 19 horas
Todas as
actividades están tamén na web www.festabotelo.es
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














