O alcalde do Barco, Alfredo
García e a Concelleira de Cultura e Educación, Margarida Pizcueta foron os encargados de presentar o cartel da XIX
edición da Festa do Botelo 2019. Un cartel que ten moita relación coas
actividades de promoción que se veñen realizando nos últimos anos e co pregoeiro
oficial do 2019 o humorista, actor e presentador, Roberto Vilar. Actualmente Roberto Vilar presenta o seu programa, Land Rober Tunai Show da Televisión de
Galicia (TVG) e sendo líder de audiencia no seu día de emisión na canle pública
galega. Este é o protagonista do cartel para convertelo nun novo embaixador do
botelo xunto coa “boteloneta” que leva
percorrido a comarca nos últimos anos cos xornalistas e blogueiros que viñan coñecer
a elaboración do botelo e o seu entorno. Ademais de facer referencia ao percorrido que se fai cada ano por Coruña,
Vigo e outras localidades coa “festa do Botelo” co afán de promocionalo noutros
lugares fora das terras valdeorresas.
Ademais de presentar o cartel e o pregoeiro desta nova
edición tamén adiantaron algúns puntos do programa. Entre eles quen
recibirá a Mención de Honra 2019 que
será para o Restaurante Fernando III .
Un local referente na gastronomía da vila na actualidade.
Actividades da
Festa do Botelo: presentación dun libro, película, Cantos de taberna , Feira de
produtos tradicionais e programa Aquí Galicia da TVG
No programa de actividades da XIX Festa do Botelo tamén se
inclúe a proxección dunha película no Teatro Lauro Olmo relacionada co mundo da
gastronomía. O título deste ano é “Una receta familiar” e poderá verse o xoves,
17, ás 19 e 21 horas no Teatro Lauro Olmo. Ao día seguinte, terá lugar a presentación do
libro “Ninfopoética” da poetisa Fátima
Delgado (presentadora este ano do acto do pregón) que será ás 20 horas na
Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán. Unha hora máis tarde e no Teatro Lauro
Olmo a compañía Contraproducións porá en escea a obra “Commedia”.
Un ano máis haberá Feira de Produtos Tradicionais que
este ano cambia de ubicación e estará no Campo
da Festa no Paseo do Malecón durante
o sábado todo o día. O número de participantes estase a perfilar nestes
días e informarase proximamente. Neste
mesmo lugar tamén terá lugar o sábado 19 pola tarde a emisión do programa da TVG “Aquí Galicia”. Un
espazo de actuacións musicais en directo e emisión de reportaxes de actualidade
e promocionais da comarca de Valdeorras. Xa entrada a tardiña os Cantos de Taberna voltarán a amenizar
varios locais da vila coa música tradicional.
PROGRAMA OFICIAL
XIX FESTA DO BOTELO 2019
XOVES 17 DE
XANEIRO
PELICULA
Titulo: Unha receita familiar
Lugar: Teatro Lauro Olmo
Hora: 19 e 21 horas
Entrada gratuíta
VENRES 18 DE
XANEIRO
PRESENTACION DE LIBRO
Título: Ninfopoética
Autora: Fátima Delgado
Lugar: Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán
Hora: 20 horas
TEATRO
Título: “Commedia”
Compañía: Contraproducións
Hora: 21 horas
Lugar: Teatro Lauro Olmo
SÁBADO 19 DE
XANEIRO
XIX FESTA DO BOTELO
Feira de produtos tradicionais (Sábado e domingo)
Lugar: Campo da Festa, Paseo do Malecón
Hora: Dende ás 11 da mañá ata ás 19 horas (os dous días)
Acto pregón e Mención de Honra
Lugar: Teatro Lauro Olmo
Hora: 12 horas
Pregoeiro: Roberto Vilar (humorista, actor e presentador)
Mención de Honra: Restaurante Fernando III
Comida oficial da Festa do Botelo
Lugar: Pavillón de deportes de Calabagueiros
Hora: 14:30 horas
Programa da TVG Aquí Galicia
Lugar: Campo da festa, Paseo do Malecón
Hora: 16 horas
Cantos de Taberna
Lugar: bares da vila
Hora: 19 horas
Todas as
actividades están tamén na web www.festabotelo.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario