Dende o luns 13 de outubro están á venda as entradas para participar na
primeira visita do día 18
COÑECE A RÚA NO OUTONO: viño, historia e paisaxe
Dende o luns 13
de outubro están á venda as entradas para participar nas actividades que durante
os meses de outubro e novembro organiza a guía enoturística Valdeorras é Viño en colaboración co
Concello da Rúa. A idea destas actividades parte de querer amosar a
viticultura, etnografía, o pasado romano e a natureza do Concello da Rúa no
Outono. Ensinaranse as adegas ruesas
e os elementos etnográficos
ligados ao mundo do viño (covas), xunto co pasado romano e os seus vestixios na vila. E todo
isto unido á paisaxe de outono na zona.
A paleta de cores durante os meses de outono é moi variada nesta zona. Os ocres,
amarelos, marróns e cinzas combínanse nunha paisaxe dominada polas viñas en
ladeira e na chaira e as árbores da ribeira do Sil.
As actividades
comezarán os sábados a partir das 11 da mañá recollendo aos visitantes cun
microbús nas prazas do concello do Barco e da Rúa (11:30 horas). A continuación
comezará a primeira parte da actividade lúdica na que se coñecerá un lugar
histórico ou de interese paisaxístico. Os visitantes coñecerán ese lugar
mediante unha pequena camiñata na que recibirán datos do entorno no que se
atopan. Na segunda parte da actividade coñecerán a historia da adega/as e
rematarán a visita coa cata dun viño acompañado duns pinchos.
As entradas custan 12 €/persoa para cada día de
actividade e están á
venda a través do Concello da Rúa e tamén a no email: valdeorrasesvino@gmail.com ou no teléfono 619086326. Os visitantes deberán levar roupa cómoda para
facer a camiñata dunha hora de duración.
Adegas participantes
As adegas que
participarán serán: Alán de Val, Quinta
da Peza, Joaquín Rebolledo, Adegas Melillas, A Coroa . As adegas serán a segunda parte da actividade
nas que se coñecerán as súas historias e os seus viños.
Actividades
os días 18 e 25 de outubro e o 1 e 15 de novembro
·
O
día 18 de outubro será o
momento de coñecer datos da ponte da Cigarrosa paseando por ela e polo entorno
do Encoro de San Martiño. Despois
visitarán as Adegas Melillas e A Coroa
onde coñecerán as súas covas e probarán os seus viños.
·
O
día 25 de outubro a
segunda vinruta empezará cun paseo pola
zona de A Veiguiña admirando a paisaxe das viñas e o río Sil. A adega a visitar
será Alán de Val.
·
O
día 1 de novembro a
visita será pola zona da Rúa Vella para coñecer a lápida do romano Pompeio
Reburro e despois coñecer a cova e a adega
de Joaquín Rebolledo.
·
O
día 15 de novembro a
visita será ata o mirador do Barranco Rubio e despois un paseo polas viñas e adega Quinta da Peza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario