jueves, 22 de diciembre de 2022

Boas festas e a brindar con viños de Valdeorras

 Dende Solfiro Comunicación , Eventos e enoturismo desexamos que pasedes unhas boas festas e que poidades gozar destes días con todos os vosos seres queridos. Para o ano que ven desexamos que veñades visitar Valdeorras e que os viños desta comarca estean presentes nas vosas mesas.


¡¡Boas festas¡¡






miércoles, 22 de diciembre de 2021

Valdeorras é Viño enoturismo ofrece estas fiestas visitas como regalo

 Si no sabes qué regalar o quieres ofrecer algo especial a tus seres queridos la empresa de enoturismo en Valdeorras, Valdeorras é Viño enoturismo, te da la idea de regalar bonos para visitar bodegas en esta comarca. Solo tienes que contactar con ellos en el 619086326 y reservar el tuyo para regalar.




viernes, 29 de octubre de 2021

¡ Ven a Valdeorras para vivir este Samaín con viño ¡

 Nesta Ponte de Santos temos moitas actividades relacionados co enoturismo e as catas na comarca de Valdeorras. Rutas enoculturais, visitas a adegas con reserva previa e ata unha cata nunha festa de Samaín. 

Actividades esta fin de semana





lunes, 9 de noviembre de 2020

Otoño en Valdeorras: visitas enoturísticas

 Visita la comarca de Valdeorras para descubrir los mejores paisajes otoñales. La empresa Valdeorras é Viño, enoturismo ofrece visitas guiadas a diferentes puntos de esta zona.

Puede ver las visitas en su Web Valdeorras es Vino











viernes, 20 de septiembre de 2019

Programa con múltiples actividades na XXXII Feira do Poldro e do Gando do Monte este fin de semana na Gañidoira (Muras)

Desde Solfiro Comunicación e Eventos saímos da nosa habitual actividade en Valdeorras e arredores para irnos á Terra Chá, ao Concello de Muras para axudarlles a organizar unha das feiras de referencia na zona. Agardamos que sexa todo un éxito.

Aquí deixamos a información para coñecer este evento...

O Concello de Muras ten organizado no Alto da Gañidoira un fin de semana cheo de actividades ao redor do mundo do cabalo e do gando do monte. A edición número 32 desta festa de Interese Turístico Galego terá un programa para os días 21 e 22 cheo de actividades que van dende as carreiras de cabalos polo monte e os curros de gando vacún e cabalar criado en liberdade no que se concederán máis de 7.000 euros en premios. Tamén forma parte do plan de festa a degustación da xa famosa hambuguesa Gañidoira, feita con carne de poldro, e tamén a exposición de tractores antigos, así como a presenza de máis de trinta postos de venda de artesanía, vestido e alimentación. Ademais non se esquecen as actividades para os nenos como os paseos a cabalo, inchables  e un touro mecánico. A festa tamén se expandirá a bares do concello que ofrecerán tapas de balde con carne de poldro.
Actividades do sábado
O sábado 21 a partir das 16:30 horas comezará o Raid das Bestas no que poderán participar todos aqueles xinetes interesados sen necesidade de estar federados. Será un percorrido duns 30 quilómetros no que se terá en conta a destreza do xinete e do cabalo para conceder os premios que van dos 125 aos 75 euros. Despois de rematada esta actividade haberá degustación de hamburguesas e chourizos,  contando ca colaboración de PURAGA (Asociación de Criadores de Cabalos de Pura Raza Galega).
Domingo 22: Día Grande da Feira do Poldro
Os curros de animais de gando vacún e cabalar criado en liberdade terá o seu protagonismo neste día no que se abrirá a partir das dez da mañá unha gran feira con produtos de alimentación, artesanía, vestimenta e calzado, contando ademais con espazo para a exposición de tractores antigos e diversa maquinaria agrícola. No programa haberá a celebración dun acto de confraternidade dos cabaleiros da zona e poderase degustar a xa famosa Hamburguesa Gañidoira, feita con carne de poldro e de porco celta. Os máis pequenos terán a súa carpa con inchables e touro mecánico ademais de paseos a cabalo de balde. As carreiras de cabalos coparán a axenda da tarde para rematar un día intenso de actividade.
Colaboración de asociacións
Esta feira conta coa colaboración de ASPORCEL,CAPRIGA, AVIMOS- BOAGA,PURAGA e PORCO CELTA para a exposición de razas autóctonas. Pero tamén cas asociacións de mulleres rurais e de Pais e Nais do concello. Así a asociación de Mulleres Rurais será a encargada de xestionar a venda de tickets para disfrutar da Hamburguesa Gañidoira, o prato estrela desta feira. Tamén estarán colaborando a ANPA do CEIP Antía Cal Vázquez neste caso nas actividades para os cativos tanto inchables como un touro mecánico que estará en funcionamento durante a mañá e mediodía do domingo.