jueves, 26 de septiembre de 2013

Xa temos un vermú galego

A factoría Nordés da que xa coñecemos a primeira xenebra galega saca agora ao mercado o vermú galego . Unha información que pode lerse en Benbo.eu e que comparto...
 
 
http://www.benbo.eu/gl/actualidad/nordesia-un-vermu-gallego-a-base-de-mencia-y-albarino/

Nordesía, un vermú galego a base de mencía e albariño

Vermú roxo elaborado a partir de viño de variedade mencía e branco feito con albariño. As tradicionais herbas amargas (xenciana, asento) e outras moi presentes en Galicia (loureiro, sabugueiro, salicornia…) serán a base do novo vermú feito en Galicia: Nordesía. Unha elaboración da factoría Nordés, da que antes saíron a xenebra feita a partir de albariño e o vodka de patacas galegas.
Xoán Cannas, un dos artífices destas bebidas, fala para BenBo sobre o vermú. “Levábamos tempo dándolle voltas ao asunto e facendo probas. Queríamos facer un produto vinculado ao viño pero ao mesmo tempo novedoso e saíu un vermú moi tradicional, seco e amargo, como eran ao principio, inda que ultimamente se foron facendo doces”.
O vermú volve con forza e en moitos lugares, como Madrid ou Barcelona, xa é tendencia, como poderán apreciar os lectores do número tres de BenBo. Por iso Cannas asegura “Pensamos que hai nicho de mercado para este tipo de bebidas. E para moitos vai ser unha experiencia porque penso que os menores de 35 anos nunca viron un sifón”.
¿Vai haber un sifón da factoría Nordés ademais do vermú, preguntamos?. “Gustaríanos -indica Xosé- pero o tempo bótasenos derriba”. En calquera caso, non descarta unha segunda fase co lanzamento do sifón.
Nordesía estará no mercado a mediados de outubro, estando prevista unha presentación o día 18. O prezo estará na liña dos mellores vermús, entre nove e dez euros.
Cannas anuncia ademais unha posible receita propia. “Queremos saír cunha receita que permita converter o vermú en ingrediente fundamental dunha copa de noite, de maneira que o hostaleiro poida gañar vendéndoa a tres ou catro euros e os clientes queden contentos”.

sábado, 7 de septiembre de 2013

Lugares para disfrutar

Descubrin hai uns meses un lugar para disfrutar de moi boas vistas da Ria de Vigo, as Illas Cies e ver ata Baiona. Nun dia despexado a vista de toda a zona é espectacular. Tratase do mirador do Cepudo, onde ademais hai un restaurante, Mirador do Monte Cepudo, moi bo que ten viños de Valdeorras, na carta hai Joaquin Rebolledo, A Coroa... .A comida está moi boa e o prezo é medio.